leoeosseus

mércores, 28 de febreiro de 2018

Febreiriño curto


Remata este febreiriño curto que pasou polo aire.
O tempo pasa sen decatarnos e o comercio da foto de arriba pasou de aberto ao público a estado intermedio de crise  con esa metáfora do galego que non se sabe se sobe ou baixa e esa escaleira que non vai nin sai a ningures. E pasou o tempo, repito, e agora está definitivamente pechado e fixeron desaparecer a escaleira e tapiaron a metade da porta para aclarar dúbidas.
E o tempo pasou e daquel Leo bebé que miramos en vídeos de hai anos chegamos a hoxe que está a estudar a reprodución humana.
O tempo atropélanos !.


Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 28/02/18, 22:21 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É verdade Pedro. Como dizia minha avó, o tempo não anda, voa.
Abraço

 
Ás 04/03/18, 14:35 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O tempo corre que voa; e se non espabilamos pódenos tapiar a porta pola que sair (ou entrar) e cercearnos a escaleira pola que baixar (ou subir).

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio