leoeosseus

Wednesday, 22 February 2017

Que nos robotizan !


Temos na fábrica unha xente de fóra que está arrincando maquinaria vella para cambiar por outra nova. É un adianto, si; e safaremos de facer algúns traballos suxos e penosos, pero algún compañeiro terá que marchar da empresa.
Robotizan todo e xa mirei o Moley, un robot cociñeiro que será parte do futuro ou inspiración para outros.
Tamén queren que haxa veículos que circulen sen chófer e, de feito, hai tractores que van sós en grande prantacións  nos EEUU.
Virá un futuro no que o humano e o tecnolóxico estará tan misturado que non saberemos onde están os límites.

Na foto un coche aparcado en Vilaguindastre que é bastante presumido.

Labels:

2 Comments:

At 23/02/2017, 09:24 , Blogger Zeltia said...

E quen non viu moitas veces que os faros dos coches son os seus ollos?

Respecto ao de robotizar o mundo do trballo... supoño que dende a revolución industrial mistúranse en nós o medo e a liberación.

 
At 23/02/2017, 21:44 , Blogger Elvira Carvalho said...

Na ânsia de evitar esforços, o homem vai criando máquinas que no futuro lhes roubarão o pão. É o preço do progresso.
Um abraço

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home