leoeosseus

venres, 2 de setembro de 2016

Normalidade aos poucos

 
 
Os últimos días de agosto remataron xa e houbo algunha novidade. Grazas ao tío Nesi e ás súas expedicións ciclistas coñecemos a praia de Foxaco no río Tea. É un lugar que seguramente visitaremos máis veces.
 



Xela millora na técnica de andar en bici. Agora quédalle aprender a montar ela soa.


Tamén fomos ao Ikea de Braga coa súa máquina de café de balde e co centro comercial e a zona de xogo dos nenos que non existe no resto da península ibérica.
 
 
 
Miramos a película " Kubo e as dúas cordas máxicas " que non é a típica película infantil. É feita con monicreques e o origami cobra vida de forma máxica. É algo triste e escura pero a min gustoume.
 
 
Eu aprendo que rúcula en galego é eiruga polo becho que anda pola pranta. En español tamén ten o nome tradicional de " oruga " e en asturianu " guxanu ".
 
 
Eu xa levo un tempiño traballando e fotografei a un habitante do vestiario da fábrica que anda polo teito. Este  exemplar da foto medirá uns dez ou doce centímetros pero tamén hai exemplares pequenos duns catro centímetros. Supoño que viven aquí por estarmos pegados ás Gándaras de Budiño. Seica é unha ladra, osga ou salamanquesa e por Vilaguindastre debe de ter a súa fronteira norte de distribución que non as hai no norte de Galicia. Creo que é o mesmo animal que vive en Mallorca: o  " dragó ".
 
Aos nenos pouco lles queda para comezar no cole e Xela xa ten os libros. Leo este ano non ten libros que vai traballar co ordenador...Os tempos mudan !.





Etiquetas: , , ,

2 comentarios:

Ás 05/09/16, 20:27 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É um local muito bonito. Esse réptil em Portugal chama-se Osga.
Por aqui, as aulas vão começar dia 15. Minha neta também já tem os livros.
Abraço

 
Ás 03/03/17, 14:20 , Blogger Xosé Ramón Reigada dixo...

Interesante cita, grazas pola aportación, comunícao se oes algunha vez o nome que se lle poda dar pola túa zona, saúdos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio