leoeosseus

xoves, 4 de agosto de 2016

Dez anos de Leo e os seus


O tempo segue o seu camiño e así o mencer de hai uns días xa non é á mesma hora.
O paso do tempo leva consigo cousas e persoas así como tamén as trae.
E así este blogo Leo e os seus fai hoxe dez anos dende aquela entrada onde Leo puña a súa voz dende o ventre da nai.

Nestes dez anos pasou de todo: mudamos de traballo, mudamos de vivenda, nacéronnos dous fillos e perdemos a Xiana. Tamén naceron familiares e amigos e outros deixáronnos coas súas lembranzas. Houbo viaxes, anécdotas e experiencias e así como van para diante os fillos, os maiores notamos o peso dos anos e imos a menos anque non hai muita queixa.

Este sería un momento perfecto mallado para pechar este blogo que me deu tantas alegrías e me fixo coñecer novas amizades e aprender nesta continua aprendizaxe que é a vida. Si, ben podería facer como fixeron muitos blogueiros que foron pechando os seus blogos anque algún siga blogueando e apareza de cando en vez algún novo.
Pero non, así como o día da morte é unha incógnita tamén eu quero deixar a data de peche deste blogo ao futuro descoñecido.

Sigo.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 04/08/16, 18:54 , Blogger Ana Cosque dixo...

Moito ánimo, e a seguir 10 anos máis polo menos. Eu empecei a seguirte xa no outro blog que mantiñas. Cambiaron as cousas neste tempo, sí. Apertas!

 
Ás 05/08/16, 12:39 , Anonymous Anónimo dixo...

Moitos parabéns polo feito e pola vontade de seguir neste apaixonante aventura súa na que cada vez está máis acompañado. Para nós, amigos invisibles do blogomillo, a familia do Leo xa hai tempo que forma parte desa veciñanza amable que che fai a vida mellor.
Saúdos dende a selva.
X de Esmelle

 
Ás 05/08/16, 16:29 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois parabéns pola década, e pola constancia. Ánimo para seguir adiante!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio