leoeosseus

mércores, 28 de outubro de 2015

De calacús, mobles e revisións


Estes últimos días andamos liados cos preparativos para o Samaín e os cambios de mobles do cuarto de Leo.
Tocou buscar calacús ou cocos como lles chaman en Arbo e logo decoralos. O Leo ía levar un Frankenstein que semella máis unha cabeza reducida dos xíbaros pero levou outro Frankenstein menos terrorífico e Xela levou un calacú con dúas emoticonas pintadas unha por diante e outra por atrás.
Tamén me tocou a revisión de saúde anual do traballo e, de momento, engordo un quilo por ano e encollo un centímetro de altura.
Agardemos que isto sexa o máis grave !.



Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 29/10/15, 12:16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Um centímetro por ano? Ó Pedro isso não é grave, é gravíssimo. Daqui a uns anos desaparece. Rsrs.
O meu ortopedista, disse-me que toda a gente, a partir dos 44 anos, perde um centímetro a cada 10 anos.Diz que por causa da descalcificação que ocorre com a idade. E que se ela for muito grave pode até ser maior a perda de altura.Mas na sua idade não tem razão para isso. O mais certo foi não o terem medido bem. Não se deixe engordar, que não é bom para a saúde. E os meninos estão cada dia mais bonitos.
Um abraço e feliz Halloween!

 
Ás 29/10/15, 22:14 , Blogger paideleo dixo...

Mui bo o comentario.
Creo que para o ano vou medirme tumbado na barriga.

 
Ás 09/11/15, 12:08 , Blogger Paz Zeltia dixo...

hahaha moito me rin con coa relación cm. / kg (pura maldade)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio