leoeosseus

luns, 17 de agosto de 2015

Atrás queda


 
 
Atrás queda unha fin de semana intensa con festa en Cee onde os ananos gozaron cos cilindros flotantes, os inchables, un carrusel, os coches de choque e o hockey sobre aire.
O sábado recollemos e co mal tempo que facía paramos en Santiago, nas Cancelas, no " Muerde la pasta ".
 

 
O domingo estivemos por terras morracensas. O xantar no restaurante foi un chisco caótico con pratos a destempo e tortilla con casca de ovo incluida. A tarde adicámola a pasear polo bosque encantado que non coñecían os amigos do Morrazo. Os nenos exploraron e contaron historias de medo e así levaron un susto cun adulto que xurdiu do escondite.
Logo paseo pola pasarela de madeira de Vilariño e cea na furgoneta da pizza.
Hai que aproveitar os días do verán como sexa !.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 18/08/15, 09:45 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Mesmo com a casca de ovo na tortilha, o fim de semana afigura-se divertido.
Continuação de boas férias.
Um abraço

 
Ás 10/09/15, 10:29 , Blogger Paz Zeltia dixo...

e vese que son longos, que dan para moito.

o de "hockey sobre aire", quédame aí, no idem.

 
Ás 10/09/15, 21:33 , Blogger paideleo dixo...

Eu chámolle hockey sobre aire á máquina que sae retratada cos nenos.
É una mesa onde sae una peza círcular que se desliza gracias a uns buraquiños que botan aire na mesa. Hai dúas porterías e hai que darlle á peza circular co taco que ten Xela.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio