Segue a pasar o tempo
A vida segue unha liña pero tamén ten o seu ritmo cíclico e o osiño de peluche de hai catro anos apareceu de novo no ceo o outro día.
Hoxe fun a Vigo e gastei un euro nun malabarista dos semáforos da praza dos cabalos. Bueno, gastei non que invertín. Como invertín mercando un libro para Leo e outro para Xela, á que estabamos a agardar hai catro anos. Descubrín unha tenda co nome " Sipi Nopi " do que estivemos a falar o outro día que era o que se dicía cando ensinabas cromos a outro neno e que din de formas distintas por aí adiante. Uns pais ( máis ben nais ) pedían libros gratuitos para a escola no Príncipe. Gastei no parking e gastei no concello de Vilaguindastre para que os nenos poidan ir ao comedor escolar e invertín nas cousas da casa que merquei no supermercado.
Segue a pasar o tempo.
Etiquetas: xela IV
1 comentarios:
A leo vaille encantar o seu libro, a ver se che dá permiso para poñer no blog algunha das súas anotacións.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio