leoeosseus

xoves, 9 de abril de 2015

De brouco e máis


Non sei se che pasará a ti pero a min tenme pasado de escuitar unha palabra e despois xa a escuitas un feixe de veces. Algo parecido pasou o sábado que escuitei de avoaM dicindo que estaba algo de " cu para arriba " e ela acostuma dicir " de brouco " para referirse a algo boca abaixo ou cu para arriba como o cesto da foto.
Foi lembrar esa expresión e no mesmo día apareceu nun blogo do sur de Pontevedra.




Pasaron máis cousas estes días como o domingo que fomos ver uhna actuación de Pablo Díaz. Foi pouca xente porque facía bo día e así despois inda fomos tomar un xelado á praia.


No día seguinte o vento levaba polo aire a farna que semellaba que nevaba.


Os coches rematan cheos desa poeira e hai que darlles unha lavadela rápida que total pouco tempo duran limpos.

 
 
E os nenos van ben. O Leo flipando co doado que é buscar palabras no diccionario e Xela progresando coa escritura e debuxo. Aquí estou eu rindo cos ollos coma montañas, Naideleo está de amarelo cunha moeda de céntimo diante e Xela de azul e Leo de verde.
Eu non sei como saín tan rideiro. Será que hoxe fago oito anos traballando na Torredocaminho ?.

Etiquetas: , , , ,

4 comentarios:

Ás 09/04/15, 23:25 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei.
Deixo um abraço e votos de que estejam todos bem.
Um abraço

 
Ás 10/04/15, 17:59 , Blogger Ana Cosque dixo...

Noraboa por eses oito anos, eu sígote dende que tiñas o blog anterior. Daquela tiña outro traballo, e no medio pasei por máis dun par ;-)

 
Ás 10/04/15, 20:41 , Anonymous peke dixo...

Non é pouco tempo oito anos, non. :)

 
Ás 22/04/15, 11:59 , Blogger Paz Zeltia dixo...

moito mellor que ningunha foto que che teña visto...!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio