leoeosseus

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Escravitude


Hoxe houbo reunión para decidir o disfraz da comparsa deste ano e, tras unha escolla democrática, saiu elexida a opción de cociñeiros.
Cociñeiros non pero de escravos terían que disfrazarse os que entran mañá a traballar nunha empresa da automoción. Van botar de quince días a un mes traballando sen cobrar a ver se valen e despóis si que o escollen os válidos. Iso si, xa avisaron de que a empresa non quere problemas coa puntualidade e a xente que ten fillos ou maiores para cuidar que teñan ollo que chaman unhas horas antes para facer o turno que toca e hai que ir si ou si.
Bueno, de escravos non poden ir disfrazados porque os escravos polo menos tiñan comida e casa pagas.
Crisis. What crisis ?.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 19/01/15, 13:27 , Blogger Paz Zeltia dixo...

oooh iso fixéronmo a min cando era nova e andaba a buscar traballo: era unha semana de proba e collerían ao mellor. Traballamos como condenados, nin látigo na man nos faría ir máis lixeiros e quedar o tempo que fixera fala.
O último día dixéronme que non era a elixida. Entón esperei na esquina onde xa había outros que foran "despedidos" antes. Ali agardamos aos que foron saíndo cunha distancia de media hora aprox. cada un.
Si, exactamente: saíron todos. Non colleran a ninguén!!!
Botaron o atranco de traballo para adiante por catro perras e uns escravos ilusionados traballando a eito.

 
Ás 20/01/15, 13:29 , Blogger paideleo dixo...

Zeltia: o teu é un exemplo perfecto.
Eu enteireime por unha muller que xa estivo no Akí ( de bricolaxe )un mes na caixa polo papo.
Hai xente que ten mala sorte.

 
Ás 20/01/15, 16:38 , Blogger Raposo dixo...

Éche o que hai, e por riba aínda temos que aguantar os políticos de turno e os membros de goberno presumir de que xa todo vai ben.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio