leoeosseus

martes, 11 de novembro de 2014

Como coñecín a Naideleo


O Leo adica muito tempo a ler e a escribir. Ten lido libros de Diario de Greg, Tom Gates, Big Nate, Gerónimo Stilton, Bat Pat, etc, etc. E con tanta leitura el quere escribir as súas historias e diarios e risca no papel a grande velocidade coas verbas atropellando unhas a outras.
Escribe o que se lle ocorre ou escribe baseado na realidade e no "libro" que rematou ( trescentas e pico páxinas de follas de beira rosa ) non saio eu porque di que nunca estou en casa, que estou de viaxe e só aparezo cada seis meses.
Sinto un pouco de tristura por iso pero, afortunadamente, descubrín que o outro día escribiu algo sobre min, ficticio claro; que trascribo tal como está e que podo titular :

" Como coñecín a Naideleo ".

" Niños..."
nos dice papá
" ¿ quereis saber la verdadera historia de como fuimos novios ?"
" No "
digo
" ¡ Si !"
dice Xela.
Vale, empezemos.
" Yo estaba fuera de casa, paseando a los 30 años. Por el instante pense en que nunca tendría novia y llore, llore un monton. Hasta llego una señora."
Xela señalo a mamá.
" No, no era mamá. La señora se llamava Lila y me dio un pañuelo. Le explique el problema "
No entiende ¿ no significa eso algo raro ?
Pero seguía.
" Durante unos días, Lila y yo empezamos a salir. Me fui del restaurante un momento y allí vi a ..."
¡ Por fin !
"...Conchi..."
" Salí del restaurante y hice en otro lado una cita con Conchi. Conchi y yo estabamos en el restaurante. Llegó la hora de marcharnos a nuestras casas. Mientras comía una señora vino a mi casa y me dio rosquillas. Se llamava..."
Se llamava... ¡ creo que lo va a decir !
"..."
Ya va...
"...¡ Paula !..."
Genial.
" Estabamos charlando en la siguiente cita por fin vi a vuestra madre. quedamos 20 veces y nos casamos. "

A historia gustoume. E mirarme a min debuxado con dous pelos longos no queixo, sentado nunha cadeira e cunha xerra na man encantoume.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 12/11/14, 00:44 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Txiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii. Isso é que foi penar para encontrar a esposa. Rsrsrs.
O Leo vai ser o grande escritor do século XXI.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 12/11/14, 18:18 , Anonymous peke dixo...

Gustaríame saber como foi en realidade o encontro. ;)

 
Ás 19/11/14, 22:11 , Blogger paideleo dixo...

Ui, non estou autorizado para relatar esas intimidades.
Se eu chegase a famoso ao millor ata o escribiría nunhas memorias.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio