leoeosseus

venres, 13 de decembro de 2013

Avanza decembro


...e os nenos están máis alterados. O Leo quere tres xogos e Xela quere un regalo lila pero que non sexa unha boneca. Xela di que se porta mal e que non vai ter regalo de Papanuel e, a verdade, non está tendo uns días bos porque apenas obedece e case nunca pide para facer pis. Para máis anda pachucha con tos.
E avanza decembro cos seus fríos e chuvias e mañá toca comida da empresa con repetición do ano pasado e non hai queixa que " non habendo pan, boas son as mighallas ".


Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 15/12/13, 05:38 , Blogger Alís dixo...

Si anda pachucha é normal que non teña ganas de obedecer. Cando un está así só quere mimos e que lle consintan todo, canto máis sendo pequerrecha.

Ter comida da empresa é todo un privilexio nos tempos que corren.

Unha aperta

 
Ás 15/12/13, 19:25 , Anonymous peke dixo...

Ás comidas de empresa pódese non ir, ou non?

 
Ás 15/12/13, 20:36 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Avanza tanto decembro, que xa o temos doblado pola metade.
Traeranos algo a nós MamáNoela?

 
Ás 16/12/13, 12:21 , Blogger Paz Zeltia dixo...

e tanto que avanza decembro, nunha semana morre o outono, veñen as festas, comeza outro ano...
Non tes a sensación de que o tempo vai tan rápido que se escaralla?

 
Ás 17/12/13, 18:55 , Blogger Raposo dixo...

Estes días co das ceas de empresa andamos as voltas case todos. E que dure!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio