leoeosseus

Monday, 12 November 2012

San Martiño 2012


Pasan os san Martiños por nós e eu sigo coa teima de mercarlles pións aos meus fillos. Este ano non me compliquei a vida e merquei dous no quiosco do bairro a 1,5 euros cada un. Son feitos en Catalunya e bailan ben como se ve no vídeo. Hai que contar que eu botei a bailar o pión e logo collín a cámara.
Con este vídeo sigo a serie de san Martiños do blogo e espero que Leo e Xela aprendan a facelos bailar, anque haxa que esperar uns aniños máis.
E agora poño unha foto de Xela co seu pión na man. A reacción de Xela ao mirar bailar o pión foi de sorpresa anque tiña algo de frío e moquiños e non andaba mui alegre.

Labels: ,

4 Comments:

At 13/11/2012, 09:44 , Anonymous Sigrid said...

Pois mira que non tentaba eu facer bailar os pións! Pero nada: eu dáballe moito mellor ás tabas :-) Ten vostede un "embolao" no meu blogue. Bicos e apertas.

 
At 13/11/2012, 21:02 , Blogger Xabres da Teixeira said...

A peonza baila ben.
A Xeliña está un pouco abraiada(pode ser polo catarro),mais eu penso que é polo grande que é a peonza.
Apertas.

 
At 14/11/2012, 20:04 , Blogger Peke said...

Ai, que tempos. Xa choveu.

 
At 15/11/2012, 11:29 , Blogger Aldabra said...

o pión aínda abulta moito para a Xeliña.

biquiños,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home