leoeosseus

domingo, 14 de outubro de 2012

Escravo


Remataron as festas en Vilaguindastre xa hai un chisco pero aínda había algunhas atraccións e postos esta fin de semana. Festas aparte non podo esquecer o trato recibido polo home da foto por parte do seu patrón. O home recibiu unha boa e sonora labazada cando non atendeu un dos catro postos obrigado a atender ( tren de castañas, algodón de azucre e dous de lambetadas e xoguetes varios ). Quedei mudo e sen reaccionar e lembrei cando facía eu o padrón municipal de habitantes que visitei un asentamento de feirantes e cando apareceu por alí un negro dixéronme que ese non contaba que era un criado.
Non nos queda nada que apandar con esta crise !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 15/10/12, 10:32 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

A crise não desculpa a má educação e os maus instintos de cada um.
Por falar em crise por cá estamos num barco que se afunda a olhos vistos.
Eu trabalhei durante 40 anos. Fui reformada em 2005 por invalidez devido aos muitos problemas de saúde. Recebo de reforma 274€. Não pagava taxas moderadoras. Este ano porque juntaram à reforma do meu marido, que era militar, e tem de reforma 1355€ brutos, ou seja antes dos descontos para a ADSE e IRS, o que faz com que na prática receba apenas 1214€. Como eu dizia juntando as duas a média é superior a 600€ logo perdi a isenção. O meu marido ficou sem os 2 subsidios de férias e natal. Além de ter perdido também a isenção nas taxas já que como diabético tinha direito a isso. Agora veja, é diabético, asmático e oncologico. Já fez mais de 50 sessões de radioterapia e está sempre em vigilância médica. Se o orçamento de estado passar, com os novos escalões de IRS vai levar um corte de mais de 120€ todos os meses.
E acredite que há casos muito piores. Aqueles em que ambos os membros do casal estão desempregados e teen filhos. São situações aflitivas.
Um abraço e oxalá os vossos governantes sejam mais inteligentes que os que por aqui temos.

 
Ás 16/10/12, 14:00 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡que xentiña!

da medo.

biquiños,

 
Ás 17/10/12, 02:53 , Blogger Paz Zeltia dixo...

de verdade...? unha labazada? alí diante de vós?
...
e ninguén dixo nada...?

que triste me deixa. e o do negro.
joder, joder, joder.

 
Ás 17/10/12, 12:11 , Blogger fonsilleda dixo...

Vergoña allea. ¿Diante de vos?.
¡Cousas veredes...!

 
Ás 18/10/12, 18:00 , Blogger Paz Zeltia dixo...

lendo agora os comentarios meus e o de fonsilleda, parece que o delicto estiver en que lle dera a labazada diante de vós, e non no feito da labazada en si... :-( pero tí xa entendes...

e sí, o rollo político aburre a un santo. sobre todo cando un sabe, dalgún xeito sabe, que estamos fodidos.

 
Ás 18/10/12, 18:02 , Blogger Paz Zeltia dixo...

iso último ía polo post seguinte, o do teu coñecido.
e xa paro. Que che deixo isto perdido.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio