leoeosseus

domingo, 1 de abril de 2012

Arden as fragas do Eume


Mentres eu paseaba onte polo río Tea e fotografaba esta insua bucólica, ardían as fragas do Eume. Hoxe estou a escribir e seguen a arder. Sempre lamentarei non telas visitado antes. O pior de todo é que non sei se os meus fillos terán a sorte de visitalas algunha vez co esplendor de antes.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 02/04/12, 10:51 , Blogger mfc dixo...

É uma tristeza o que andam a fazer às nossas matas!!

 
Ás 02/04/12, 12:26 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

é terrível, eu tampoco antes as tinha visitado e agora xa é tarde :(

bicoss

 
Ás 02/04/12, 17:00 , Blogger Dilaida dixo...

Espero que Leo e Xela aínda podar comprobar a enorme riqueza e beleza que existe nas Fragas do Eume, talvez nunca volvan a ser as mesmas, pero apesar do lume, das malas políticas e das cousas a medio facer ou non feitas, eu teño a esperanza que volverán a ser xoia que antes eran.
Bicos

 
Ás 02/04/12, 22:21 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estou exactamente na mesma tesiturca ca ti. Moito falamos estas últimas horas sobre esa visita sempre pendente e que agora xa non vai ser nunca o mesmo.
Ogallá Dilaida teña razón.

 
Ás 03/04/12, 00:28 , Blogger J Cima D Vila dixo...

Na tristeza é onde temos que sacar a esperanza. Víase vir, aquí na ribeira do cabe que vostede coñece ben xa tivemos dous incendios a mediados de marzo. Neste país a política de prevención é 0

 
Ás 04/04/12, 06:56 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Arderon as Fragas do Eume, e outras moitas sen nome... E a auga non chega!

Eu tamén agardo que se repoñan pronto. Haberá que confiar na Terra. Ela nunca defrauda!

Bicos.

 
Ás 04/04/12, 10:28 , Blogger matrioska_verde dixo...

creo que dentro do malo do asunto aínda vas poder disfrutar da beleza do corazón das Fragas porque o incendio non afectou ó meollo (aínda que todo o conxunto é importante)... así que aproveita calquer día libre e ven velas, home, que merece moito a pena.

mentras, déixoche un enlace para que as disfrutes desde os meus ollos:

http://congoyyo.blogspot.com.es/2009/05/eume.html

biquiños,

 
Ás 04/04/12, 17:02 , Blogger Carlos Sousa dixo...

É terrible, non me explico por qué non se fai nada contra esta lacra.

Eu estiven alí fai bastantes anos, se ben daquela non lle prestaba tanto a atención ás nosas maravillas galegas, aínda así me encantaran. Creo que a Natureza é sabia e se recuperaran, se estamos á espera de que o faga o home, non sei se non estaremos apañados.

Eu tamen falo algo diso no blog (ás veces, escribo...)

Un saúdo

 
Ás 06/04/12, 01:33 , Blogger xenevra dixo...

dende sempre un refuxo do corazón, aptas para calquera momento, para calquera sentimento. Pilloume a noticia en Lisboa; deixaba ardendo Ourense cando marchei. Parece que os nosos gobernantes están empeñados en que sexamos a terra do lume.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio