leoeosseus

sábado, 25 de febreiro de 2012

Oitavo mes ( e máis un día )




A xoubiña fixo o seu oitavo mes de vida e siga cunha vitalidade imparable. Agora agataña a toda velocidade detrás de todo o que se mova. Pasou de estar sentada a agatañar rapidamente e sen pasar pola etapa de agatumar ( gatexar co corpo pegado ao chan ). Agora volve meter o polegar esquerdo na boca mesmo xogando con algo na outra man. Hai veces que lle pomos un calcetín na man esquerda para que deixe o dedo tranquilo un momento. Todo debe de ser pola dor de enxivas que lle estarán a nacer máis dentes aparte dos dous que ten. Progresou no " falar " e deixou de fungar tanto coa boca fechada e pasou a gaguexar muito tempo. Imita os movementos de cabeza para dicir non e ri cando lle rin. Vai comendo unhas veces mal e outras millor e segue coa teta. É mui curiosa e dorme ben agora de noite que aí atrás estivo atascada de mocos e espertaba cada pouco.


E segue a conta.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 25/02/12, 13:42 , Blogger Dilaida dixo...

Xela está feita unha mociña, dentro de nada verala correr e comezara o verdadeiro traballo para vós, cando queren chegar e tocar todo.
Bicos

 
Ás 25/02/12, 13:51 , Blogger xenevra dixo...

Xa o sabes, pois tes ollos. Mais aínda así vólvocho dicir. É preciosa, ten uns ollos que enxergan un mundo e un sorriso que fai renacer camiños. Nunca perdes ese mirar de fronte, xoubiña!!

 
Ás 25/02/12, 16:10 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Aii, Sigo namorado da Xeliña!

 
Ás 26/02/12, 02:16 , Blogger mfc dixo...

E está liiiinda!
Como tem crescido!
E em junho já faz um anito!
...o tempo passa!

 
Ás 27/02/12, 19:23 , Blogger Peke dixo...

Ten un aspecto de saúde que dá gloria vela.

 
Ás 27/02/12, 23:26 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Está linda. Um dia destes está a caminhar. Que Deus a proteja e lhe dê um caminho livre escolhos.
Um abraço

 
Ás 08/03/12, 11:17 , Blogger Mer dixo...

FEMOSA DE VERAS

 
Ás 14/03/12, 00:11 , Blogger torredebabel dixo...

Gústame saber de Xela porque ten o mesmo tempo que Manu e fan as mesmas cousas. Ademáis, aprendin a diferencia entre agatañar e agatumar (e engado que Manu agatuma polo momento). Pobriños a dor que teñen cos dentes... algunha vez, escoitei ou lin que esquecemos esa dor porque, se a tivésemos de maiores, sería insoportable.
Bicos a Xela!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio