leoeosseus

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Mandarinas e " degholados "



Estamos no inverno e na época de kiwis, laranxas e mandarinas ou tanxerinas. Esta fruita da casa é deliciosa, está mui ben de prezo e sabes que non ten trapallada. Pero este inverno vén mui seco e nótase nas hortalizas e así andan os repolos " degholados ". Aprendín esta palabra esta fin de semana pasada e significa repolos coas follas caídas da seca.

A ver se vén algunha chuviña para que recuperen a forma os repolos.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 26/01/12, 22:24 , Blogger Dilaida dixo...

Entre o cambio climático e a crise económica imos rematar todos coma os repolos degholados ou degolados (como se di por estas terras).
Bicos

 
Ás 26/01/12, 23:12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois os repolos estarán degholados, pero as mandarinas teñen moi boa pinta! non me estraña, na foto que deixas parece tan morniño o día, con esa luz acolledora...

 
Ás 27/01/12, 12:31 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Non hai como os produtos da terra, pero agora a nosa está demasiado seca de auga, de xustiza, de igualdade, de traballo...
A ver se chove pronto en todos os sentidos e chega a fartura - taména moral-.
Nós dicimos tamén "degholado" cando un anda canso e decaído.

 
Ás 28/01/12, 16:57 , Blogger Raposo dixo...

Non coñecía esa palabra, pero apúntoa!

 
Ás 28/01/12, 18:19 , Blogger mfc dixo...

É preciso chuva... e rapidamente, senão seca tudo!

 
Ás 29/01/12, 15:44 , Blogger xenevra dixo...

Eu tamén agardo con moita ansia a chuvia. Parece que o mundo estea a entrar nunha eterna seca e, aínda que non agardo un dioivo universal, ben podería chover a eito durante unhas semaniñas.

 
Ás 29/01/12, 22:07 , Blogger J Cima D Vila dixo...

xa compre auga que por esta beira estanos a masacrar tanto frío e xeada e polo menos coa auga hai humidade pero non este frío tan crú.

Desfrute da froita, eu non son moito dela :D

 
Ás 30/01/12, 14:02 , Blogger torredebabel dixo...

mandaríache algo da chuvia desta mañá. Pero como é un chisquiño difícil, cóntoche que eu tamén teño un mandariño. Está, o coitado, nunha maceta pero non vexas a ricas ricas mandarinas que nos agasalla cada inverno... Apertas!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio