leoeosseus

luns, 30 de xaneiro de 2012

Día escolar da paz




Hoxe é o día escolar da paz e non podo deixar atrás esta imaxe.


O terreo que retrato era un campo de prácticas de tiro da Garda Civil e agora está inutilizado. Á súa beira construiron un colexio e no terreo do campo de tiro naceron "Cortaderias selloanas" onde antes caían casquillos de balas. Sei que esa pranta orixinaria das Pampas é unha praga pero sempre será millor cambiar armas por prantas.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 31/01/12, 00:05 , Blogger Antón de Muros dixo...

As armas tamén son unha praga...

Saúdos.

Antón.

 
Ás 31/01/12, 06:09 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Sempre son mellores as prantas ca as balas, pero por desgraza semella que no mundo hai máis balas ca prantas. Ou polo menos dedícanse máis cartos a elas. Que necedade!

Que haxa paz...

 
Ás 31/01/12, 09:37 , Blogger matrioska_verde dixo...

moito mellor, onde vai parar... además a mín esas prantas gústanme moito, con eses plumachos...

biquiños,

 
Ás 31/01/12, 12:20 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Moi bo simil.
Oxalá que todas as pragas foran de plantas.
Aínda así a min gústanme moito "os plumachos", igual ca as mimosas.
Síntoo.

 
Ás 31/01/12, 12:46 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Semella máis doado defenderse da praga das prantas, sobre todo se se manteñen "acuerteladas"

 
Ás 01/02/12, 13:52 , Blogger xenevra dixo...

E lembrar o 25de abril, foi todo un. Sempre. mellor.

 
Ás 01/02/12, 16:10 , Blogger mfc dixo...

Praga por praga... ainda bem que surgiu esta neste campo!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio