leoeosseus

xoves, 15 de decembro de 2011

Amor de fillos




Eu non canto ben, máis ben canto fatal. Pero para tranquilizar a Xela cando está rallante polo sono non hai máis remedio que cantarlle. A cuitada da miña filla sorrime cando lle canto a miña versión de " A casa engraçada " e " Susanita tiene un ratón " e agradécese. Pero o outro día o Leo demostrou a onde chega o amor dun fillo cando mirou nunha tele dunha cafetería a Joaquín Sabina cantando. O neno díxome que eu cantaba millor ca el.


Non hai máis remedio que querelos !.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 16/12/11, 09:34 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Que bo!
O certo é que nunca te escoitei cantar, nin sequera "O Miudiño"...
A ver cando probamos para ver se cantas mellor que o Sabina.

 
Ás 16/12/11, 20:41 , Anonymous peke dixo...

Non podo poñer en dúbida que cantas mellor que Sabina. Se o di Leo...

 
Ás 16/12/11, 21:39 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E díxocho de corazón, seguriño.
A ver se imos estar perdendo un crac da música cantada e non o sabemos!!

Apertas

 
Ás 16/12/11, 22:46 , Blogger Dilaida dixo...

Ao mellor é que Leo que non sabe mentir, gustalle máis a tua voz ca de Sabina.
O caso é cantar e cada un fai o que pode.
Bicos

 
Ás 17/12/11, 13:33 , Blogger torredebabel dixo...

Que sería da nosa autoestima sen os fillos!!!! Apertas!

 
Ás 18/12/11, 00:57 , Blogger mfc dixo...

Os filhos são na verdade a nossa vida eterna!

 
Ás 19/12/11, 05:40 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Sabina escribe unhas letras rotundas e manexa a música bastante ben. Pero cantar non canta moi ben. Os excesos non son bos para a voz. Non me cabe a menor dúbida de que o fas mellor ca el.

E vaia par de unha e unha. Son... adorables!

Bicos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio