leoeosseus

domingo, 3 de abril de 2011

Sempre orgullo


Non fai falla buscar muito para sentir orgullo.


Escuitando a xente coas ideas ben claras.

Ou sabendo de rapaces novos que retratan o seu mundo e poñen música que lle acae.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 04/04/11, 00:36 , Blogger xenevra dixo...

Orgullo de sermos: xente, música, mundo.
Iso si, aínda non sei o que é um oitocóptero :(

 
Ás 04/04/11, 07:28 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Iso do oitocóptero... que ven sendo?

Orgullo de sermos o que somos e como somos, seres únicos dunha Terra única!

Un saúdo.

 
Ás 04/04/11, 10:34 , Blogger Dilaida dixo...

Non sabía que o invento do oitocóptero era galego, teño entendido que o piloto dende terra contempla a paisaxe a través dunhas gafas, iso ten que ser marabilloso.
O do alambique no xardín non está nada mal, se colocan unha mesa ao seu carón, xa se poden servir un groliño de augardente de cando en vez, para entrar en calor.
Iso que está enriba do penedo, pintado coa bandeira galega, é unha moxega?
Eu opino que está moi ben estar orgulloso de ser galego, pero está moito mellor exercer de galego, cousa que moitos galegos só exercemos de portas para dentro e moitos deles nin iso.
Bicos

 
Ás 04/04/11, 12:39 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

A ver ho,¡boa a fixeches!. Eu tamén quero saber que é un oitocóptero, a imaxe do primeiro plano. ¿Ten algo que ver co millo?.
Apertas

 
Ás 04/04/11, 13:04 , Blogger rui dixo...

Graciñas polos enlaces

 
Ás 04/04/11, 17:22 , Blogger mfc dixo...

Não sei o que é um oitocóptero.... mas sei que as imagens são lindíssimas!

 
Ás 04/04/11, 20:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Oitocóptero? Esperando noticias...
Desde logo que non hai moito que procurar para sentir orgullo, só hai que relaxarse e saber mirar

 
Ás 04/04/11, 21:56 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xa non sei se me sinto máis orgulloso da bandeira pintada en cada apeiro ou da alquitara sin pintar. Iso sí, orgulloso de galego sempre!
Eu tamén quero saber qué carallo é iso do oitocóptero.
Apertas

 
Ás 07/04/11, 13:19 , Blogger fonsilleda dixo...

Jajajajaja.
Só podo rir, logo de aprender qué diaños é un "oitocóptero".
Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio