leoeosseus

domingo, 20 de febreiro de 2011

Risos e refráns


O outro día o Leo aprendeu o que era " pedir papas "que é unha forma de dicir que un se rende e quere saber a resposta dunha pregunta. Onte viñamos no coche e un móbil empezou a pitar por falla de batería. Eu dixen que o móbil pedía papas e o Leo soltou con toda a lóxica do mundo: - " Que quere saber o móbil ? ".
E hoxe aprendín da bisavoa Celia un refrán sobre marzo que xa vén aí: " Marzo, marzán: á mañán cara de can, ó mediodía cara de raíña e á noite corta coma unha fouciña ".
A foto dende a casa de Arbo mostra cara de raíña fea.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 20/02/11, 23:14 , Blogger Dilaida dixo...

Unha foto moi fermosa, coñezo o refrán do mes de marzo, pero o das papas non o oíra nunca. Grazas a Leo xa sei un pouquiño máis da lingua.
Bicos

 
Ás 21/02/11, 16:55 , Blogger mfc dixo...

O neno estava atento à conversa!
A foto é lindíssima.

 
Ás 21/02/11, 17:11 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Que curioso, na miña casa "pedir papas" era pedir unha "pista" cando estabas a resolver algo (non te me explico moi ben non?)

biquiñossssss

 
Ás 21/02/11, 19:03 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

É o que teñen os ditos, que para os nenos son unha madeixa con certas complicacións.
(O refrán da bisavoa, coñecíao decindo "Marzo, marzán; cara de can; á mañán invernía e pola tarde verán).

Apertas febreiriñas

 
Ás 21/02/11, 22:04 , Blogger Paz Zeltia dixo...

moi ben razonado o do leo...
eu utilizoo para moitas cousas o de pidir papas! en moitos contextos.

a variante do refrán que coñezo eu nin rima nin nada:

marzo marzán, á mañá cara de rosa, á noite cara de can.
[o que é visto e que ten cara de can]

 
Ás 23/02/11, 20:55 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Xa o temos aí, que chegue pronto a primavera. Xa vin que ata me enlazaches no post da lamprea. Pois nada, graciñas entón.

Unha aperta

 
Ás 27/03/11, 22:53 , Blogger xenevra dixo...

Marabilloso o lugar!!!
Tocou finde de palabras recolleitas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio