leoeosseus

xoves, 11 de novembro de 2010

E van seis san Martiños !


Si. Levo seis san Martiños falando dos pións, buxainas, pirouchas, virandelas, bailarinas, trompos ou como queiras chamarlle. Empecie falando deles no 2005, naquel blogo que tiña nos EEUU. No 2006 retrataba e falaba dos meus trompos. No 2007 seguín coa teima e falando de castañas con néboda e refráns. No 2008 explicaba un pouco o xogo tal como o lembro e relataba a primeira reacción que tivo o Leo co pión. No 2009 comentaba a dificultade que tiña para topar pións á venda e que apareceran uns de plástico. Aparte do que dixen non podes deixar atrás os comentarios que engaden máis datos e experiencias sobre este tema.
Neste ano podo dicir que tiven sorte para topar trompos. Merquei o verde nos chineses a 1,50 €. Logo merquei o do medio a 0,90 € e debuxeille un Plankton de Bob Esponxa. E por último merquei o da baraza ou baragha no quiosco a 1 euro. Este ano non topei trompos de plástico que son bos bailaríns. En canto á reacción do Leo cos trompos ?, pois xoga co trompo enterrándoo na area do parque e falando e montando historias. Xa lle chegará o tempo que aprenda a facelo bailar.
E que siga a suma de san Martiños !.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 11/11/10, 13:58 , Blogger fonsilleda dixo...

Xa sei que era xogo de raparigos pero eu morria coa envexa e nunca souben bailalos.
Mellor os da foto que os de plástico.
Saúdos.

 
Ás 11/11/10, 14:42 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Ai, amigo, ¡os peons! ou todos eses nomes que le pos, tamén coñecidos por min.
Eu levábame uns cabreos monumentais cada vez que alguén me escachaba un.
Era una maneira de xogar, tirabas sobre os que estaban no chan quietos, que xa rebuliran, e a idea era escachar algún(rachalo).
Fixérame un meu pai, de torgo de urz, era duro, peo demasiado fácil de escachar.
Non sei se coñecedes as esparrelas, se é o caso, pásote unha información das mesmas, igual que da billarda, a porca, o fito ou o tango.Estou a disposición de Leo.

 
Ás 11/11/10, 18:33 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Si, a seguir contando e cantando sanmartiños! E a seguir facendo bailar os trompos. Eu vexo ás veces a algunhas crianzas con que ímpeto o fan bailar e lémbrome de cando era pequena e xogaba cos meus curmáns e irmáns...

Verás como Leo se fai pronto un mestre da buxaina!

Bicos

 
Ás 11/11/10, 19:06 , Anonymous Anónimo dixo...

Se lle digo que eu nunca tiven de pqueno un trompo...? A sta Kaplan ten ou tivo,e houbo unha temporada en que andaba moi interesada, pero agora anda ás voltas con libros e bonecas. Cousas dos anos.

 
Ás 11/11/10, 21:13 , Blogger Dilaida dixo...

Total que xa tes o máster en buxainas.
O meu neto anda cunhas de plástico que bailan bastante ben, o outro día estivo a explicarlle ao avó como funcionaban, porque hai que meterlle coma unha cremalleira e tirar dela, e o avó dixo que as boas eran as de antes as de agora eran unha trapallada.
Bicos

 
Ás 11/11/10, 23:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois que viva o Leo e mailo Samartiño! (por aquí téndese a unir o apócope co nome do santo).

Apertas

 
Ás 11/11/10, 23:03 , Blogger Paz Zeltia dixo...

O ano pasado dixéchesme: " Polo san Martiño, trompos ao camiño"
á miña pregunta de por qué as buxainas en samartiño,
vai tí a saber de onde vén o refrán ese!
pero son bonitos os trompos, eh.
¿será un xogo que virá moi de vello? e onde nacería?

 
Ás 12/11/10, 12:30 , Blogger Raposo dixo...

Pois vaste facer todo un especialista das buxainas!

 
Ás 12/11/10, 21:35 , Blogger Alís dixo...

Lémbranme ó meu irmán.
Imaxino a túa cara de impaciencia ó ver o Leo montando historia co pión, e imaxino que o primeiro día que o baile escribirás para contárnolo aínda que non sexa Sanmartiño.

Bicos

 
Ás 15/11/10, 21:05 , Blogger matrioska_verde dixo...

Eu sempre lle chamei “peón o peonza”, e encántabame bailalos, aínda que era cativa e era un xogo de nenos. Pásabe o mismito cos “bolinches” (canicas). Aínda teño na casa gardados uns cantos que foron quedando por aí.
Biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio