leoeosseus

Sunday, 5 September 2010

Se non queres...

Se non queres desfrutar de augas mornas e tranquilas...




Se non queres practicar para tirar boas fotos...












Se non queres descubrir calas e praias solitarias...




Se non queres admirar " Gary-muxos " de tamaño colosal...








Se non queres marabillarte con cons de formas curiosas...




Se non queres ter varias opcións para non levar bañador á praia...





Se non queres ser tentado por carteis simpáticos...




Se non queres solpores magníficos...




Pois non vaias a punta Carreirón, na illa de Arousa. Estás avisado.

Labels: , ,

14 Comments:

At 06/09/2010, 00:38 , Blogger Eva G. Rei said...

Que envexa me dades!
Deste ano non pasa: mercamos unha tenda de campaña e imos canda vós, á aventura.
Fermosas fotos.

 
At 06/09/2010, 13:50 , Blogger Bolboreteira said...

Eu querería!
Fermoso lugar.
Biquiños

 
At 06/09/2010, 20:07 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois mira ti por onde fomos coincidir esta domingo!. A miña foto de hoxe tireina no porto do Campo onte á tardiña tamén...

 
At 07/09/2010, 01:50 , Blogger fonsilleda said...

Que fermosura.

 
At 07/09/2010, 23:13 , Blogger Ana said...

que guapada as fotos. Teño que ir, encantoume! Que sorte tens.

Bicos

 
At 07/09/2010, 23:52 , Blogger Kaplan said...

Vaia fotos e vaia lugares!

 
At 08/09/2010, 10:10 , Anonymous A nena do paraugas said...

Fermosas fotos dun fermoso lugar.

Bicos para Leo... e para ti.

 
At 08/09/2010, 10:23 , Blogger zeltia said...

Xa dicia eu que algún con me resultaba familiar...
máis... excepto para os namorados de cons en concreto,
un con é un con! :)

Encantoume este post [deses que che ensinan algo fermoso dun xeito moi agradable e entretenido]

Bicos.

 
At 08/09/2010, 16:20 , Anonymous paidovento said...

Se non queres que vaiamos e estraguemos tanta beleza, entón... Por que colgas esas fotos?

 
At 08/09/2010, 23:08 , Blogger Dedo en la Sopa said...

Fermoso lugar. Eu estiven o sábado en Cortegada (visita á illa -moi moi recomendable) e logo paramos no rt. que hai no Faro da illa de Arousa. Quedei tan apampado coa beleza da posta de sol tomando un chupiguai na terraziña do faro que me dixen: Has de repetir sen deixar pasar moitos días... As túas fotos danme outro empurrón para non deixar escapar a oportunidades antes de que se me vaian os días de lecer como centellas. Unha aperta

 
At 09/09/2010, 10:08 , Blogger Mer said...

Fermosas fotos e moi orixinal esta entrada.

Apertas.

 
At 09/09/2010, 22:29 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Tés un embolado na Chousa...

 
At 10/09/2010, 17:28 , Blogger Aldabra said...

¡que maravilla de fotos!
¡que afortunados somos en Galicia!
encantoume a foto do barco en ruínas.

biquiños,

 
At 12/09/2010, 13:22 , Anonymous Merchi said...

Vaia, oh! De cando en vez sígo as túas andanzas neste mundo virtual, pero mira tí, que fomos a coincidir no mesmo lugar o mesmo día, e ao mellor nos vimos e todo!
Que fermosos sitios temos para visitar pola nosa terriña, non si?

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home