leoeosseus

luns, 23 de agosto de 2010

Na terra dos pirlos


Na terra dos pirlos combinan mar e terra.



Descubres hórreos xigantes en terreo privado con castiñeiros á vista do mar.

Mesmo ten unha praia que descubrín buscando moras.



O malo foi ter que recoller a tenda pola chuvia e deixar a marca na terra cuberta por " pirlos " que é o nome precioso que lle dan ás follas do piñeiro por terras fisterrás.
Por certo, como se chama a folla do piñeiro pola túa zona ?. En Vilaguindastre chamámoslle " candeas " e en Arbo " fasco ".

Etiquetas: ,

21 comentarios:

Ás 23/08/10, 21:22 , Anonymous F. Míguez dixo...

Pois en Redondela, tamén é fasco.

 
Ás 23/08/10, 21:28 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu chámolles "arume", nunca oísn eses nomes que dís.

bicos,

 
Ás 23/08/10, 23:04 , Blogger Dilaida dixo...

Eu sempre lle chamei "espita" é como se coñece por aquí.

 
Ás 24/08/10, 13:53 , Blogger Paz Zeltia dixo...

O sitio ese do hórreo co mar detrás [onde debe pegar o vento ben forte] deixoume abraiada... parécese ás paisaxes dos meus soños.

Na parroquia onde eu son, do concello de Silleda, á folla dos piñeiros chámanlle "charamela"
[en ningún outro sitio lle escoitei a ninguén chamarlle así]
Pola Coruña escoitei a galegofalantes chamarlle "faísca"

 
Ás 24/08/10, 19:51 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois pregunteille a meu pai e, direitamente díxome: aquí chamámoslles "espitas dos pinos", e logo quen o pregunta; non quererá mercar pinos???

Apertas

 
Ás 24/08/10, 23:44 , Anonymous Anónimo dixo...

No Barbanza é, se non erro, gharuma. Aquí teño ouvido frouma.
Pero dígame: pirlos... what are pirlos?

 
Ás 24/08/10, 23:58 , Blogger Paz Zeltia dixo...

sí, fago tamden con kaplan, únome á pregunta dos pirlos

 
Ás 25/08/10, 05:33 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

En Refoxo é frouma e coido que na maioría das zonas de Ourense tamén.

E tamén me apunto á pregunta dos pirlos...

Bicos, tamén para Leo.

 
Ás 25/08/10, 13:32 , Blogger Eva G. Rei dixo...

En Perdecanai, e por extensión no Concello de Barro, chamámoslle faísca. As outras formas tíñaas escoitado, pero "pirlos" e "espitas" non. Dá gusto aprender con vós.

 
Ás 25/08/10, 21:35 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Preciosa a foto do castiñeiro na praia, voucha roubar :)

Un biquiño desde estas húmidas terras xemelgas das nosas :*

E grazas, moitísimas, polas túas visitas :****

 
Ás 25/08/10, 23:04 , Blogger Mer dixo...

pois en esta zona chámase isca ( A Baña, Negreira, Ames, Brión,...)

 
Ás 26/08/10, 22:29 , Blogger busto.agolada dixo...

En Agolada dicímoslle pico e tamén arume, frouma.
Eu que vivín na Costa da Morte xa esquecín os pirlos.
Apertas

 
Ás 27/08/10, 00:59 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Xa me enterei agora o que era "pirlos"
[pero que burriña son]
-enterime no de Kaplan-

:)

 
Ás 27/08/10, 10:09 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois por aquí, na coruña, eu cámolle penica.

 
Ás 27/08/10, 14:01 , Blogger Merce dixo...

E que magoa da levantar a tendiña, verdade?

Nos somos fixos de Porto do Son, dende fai anos, pero teño ganas de subir un chisco mais e conocer dende Camariñas para arriba.

En Ourense, (ou alomenos na miña casa) chamamoslle "puxa", pero claro, non che sei se ven directamente do castelan, ou se e un nome galego...

Biquiños :)

 
Ás 27/08/10, 20:41 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Incrible cantos nomes ten. Aquí é moi coñecida por "fasco", pero sobre todo "bullo".
Sempre me ten chocado a diferencia de chamarlle as cousas según a diferencia de zona, pero máis choca canto e tan cerca como de Ponteareas a Porriño. Algunha vez temos falado do caso.

 
Ás 30/08/10, 17:29 , Blogger LM dixo...

Pois na minha som aghulletas.
beijos

 
Ás 30/08/10, 21:40 , Blogger Angel Utrera dixo...

Xa ves......diferentes nomes, e a mesma cousa.....E de vacacions. mellor ainda.

 
Ás 01/09/10, 13:19 , Anonymous Anónimo dixo...

na comarca de ourense é frouma.
a nossa língua é útil, extensa e diversa!

 
Ás 01/09/10, 18:42 , Blogger Merce dixo...

Si, si si, ten toda a razon Anonymous en que se lle chama frouma :)

Ay! xa non me lembraba...

 
Ás 17/08/11, 11:49 , Blogger Juan Carlos Lemos dixo...

Este comentario foi eliminado polo autor.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio