leoeosseus

Sunday, 11 July 2010

Ruido de festa

O ruido de festa que vén da rúa ( coches, cornetas, berros e foguetes ) faime supor que a selección española gañou o partido. Ninguén dubida o apoio que tivo a selección española por todas partes e a min resultoume cando menos curioso o apoio de Gadis ou de Cadelín, unha marca de roupa para cans que sacou á venda camisetas da selección española.
Aldabra e Raposo: eu aproveitei o inicio do partido para volver de Arbo a Vilaguindastre por unha zona baleira de xente que semellaba que caíra unha bomba de gas letal. Logo ceei un chisco e púxenme a mirar Bob Esponxa e aínda me entrou a sonequeira. Linlle contos de Pacopeco Pequeneiro e o poliño repetido a Leo na cama e agora estou dándolle ao teclado mentres segue o ruido de festa.

Labels:

11 Comments:

At 12/07/2010, 00:41 , Blogger zeltia said...

Eu estiven tentada de facer o camiño de volta á coruña tamén á hora do partido, porque tivo que ser unha vivencia única, iso de ver as estradas baleiras...
eu apresureime para chegar ANTES do partido, para non pillar o mogollón...
Non o pensei, na vida vou ter unha oportunidade coma esta!!
e claro, vin o partido, (o partido da semifinal gustárame, pero este non me gustou nada, asi que creo que vou deixar de tentar que me guste o fútbol)
E agora a aturar ate as tantas a algarabía que seguen montando na rúa, media hora da alegría e bo rollito ver a xente contenta, pero agora xa estou dubidando de que poida durmir en toda a noite! Diossss ogallá se lles queden as bocinas pegadas na man!!!!

 
At 12/07/2010, 01:58 , Blogger xenevra said...

Boa maneira de sacar proveito a este tempo de "obrigado entusiasmo e loucura". Aquí continúa o ruído, que non a festa, porque non sei eu que terá de festeiro que un equipo de futbol gañe, que para iso lles pagan digo eu!!! O realmente asombroso sería que eses cans vestidos coa camiseta colorá gañesen ao equipo de profesionais que cobran esas cantidades desorbitadas en tempos de crise. entón, quizais, só quizais, non estaría tan enfadada porque non me deixen durmir.
Un saudín para Leo

 
At 12/07/2010, 20:55 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois eu vin o partido. Alguén tiña que facelo para contárvolo jajaja.
Iso sí, deiteime axiña, que hoxe na canteira había que partir pedras coma sempre. Seica non van repartir a "prima" cos que vimos o partido :-(

Apertas

 
At 12/07/2010, 21:15 , Blogger Angel Utrera said...

Eu non so vin o partido......Eu saltei de xubilo, e lanzaei polo aire as zapatillas.....A min gustame o futbol dende neno, xa sabedes que teño unha vinculacion moi especial co tema.....
Ademais en Agolada, os rapaces tiraron foguetes, derons eun baño na fonte.......que sei Eu, unha tolemia, nos tamen temos o noso corazonciño....

 
At 12/07/2010, 21:20 , Blogger Aldabra said...

graciñas pola explicación, home, pero era un dicir, non facía falta que me dixeses o que estabas a facer... je je... eu estiven vendo o partido, e sufrín un pouco, a verdade... pero ó fin, gañaron e estou contentiña.

biquiños,

és un padrazo, nótachese... o Leo ten moita sorte

 
At 13/07/2010, 11:33 , Blogger fonsilleda said...

Eu tamén fun das que non vin o partido, ainda que, polas cornetas e berros que atravesaban o luscofusco, entereime de todo.
Bicos.

 
At 13/07/2010, 12:40 , Blogger Kaplan said...

Eu vin o partido en Istambul, tamén a seminifinal. Contareino no blog, pero xa adianto que eramos 3 (contando un camareiro) pro España en territorio hostil.

 
At 15/07/2010, 19:28 , Anonymous A nena do paraugas said...

O detalle do can está que racha!
O do partido, en fin, que non acabo de entender esta euforia nacional que se levanta co fútbol, pero que semella durmir coa ximnasia artística, a natación, o atletismo, o baloncesto, etc. Non vin o partido, só tentei analizar as repercusións da vitoria e sigo pensando o mesmo ca antes da copa do mundo: todo é un negocio moi ben montado e o poder da publicidade é tal que pode chegar a mudar ata a vontade de cadaquén.

Biquiños para Leo... e para seu pai e súa nai.

 
At 17/07/2010, 12:48 , Blogger Carlos Sousa said...

Pois xa te imaxinas que eu sí que vin o partido, e estiven un pouquiño na festa. Disfruten moito, pero funme cedo para casa que o luns era día de escola.
Saúdos

 
At 18/07/2010, 03:02 , Blogger Eva G. Rei said...

Por fin re-enghancho, que xa estamos na terriña...
Pois eu tamén vin o partido aos poucos pero tampouco foi nada divertido (mellor a semifinal con Alemaña): o primeiro tempo vímolo nunha sala ateigada de "seguidores" no hotel no que estabamos, que abouxaban a un como se cobrasen algo por gañalo; logo decidimos, sabiamente, ir cear e foi estupendo; nunca tan baleiro estivo o comedor: uns cantos alemáns e máis nós. Finalmente decidimos acabar de velo na propia habitación, lonxe do ruído desagradable que emitían os máis "españolistas". Finalmente vin o gol, que me pareceu bonito e máis nada. Logo a aturar as bombas, petardos, pitos e berros dos tinerfeños e visitantes durante parte da noite.

 
At 18/07/2010, 09:59 , Blogger Os Tartarouchos said...

Bueno, xa ves que hai máis raros, poucos pero bos ;)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home