leoeosseus

Friday, 2 July 2010

Persoas coma libros


A biblioteca de Vilaguindastre fai unha exposición de fotos co lema " O pracer de ler " e hai verdadeiras marabillas. Este asunto fíxome lembrar a homenaxe que lle fan no concello veciño aos represaliados da guerra civil. Como ves na foto, hai unha estatua dunha muller cun libro aberto nas mans e un feixe de libros apillados cos nomes dos represaliados no canto do libro.
Pareceume unha fermosa homenaxe; a vida dunha persoa tratada coma un libro que temos que conservar e ler.
Que non se amplíe esta biblioteca !.

Labels:

6 Comments:

At 03/07/2010, 12:13 , Anonymous Xabres da Teixeira said...

¡Que non se amplie esa biblioteca!
Mais que si se amplie a de Vilaguindastre. Agora que xa se lee moito na rede, haberá que tentar que non esmoreza o libriño clásico. Polo menos para min é unha verdadeira ledicia, lelo, apilalo e manosealo.
Apertas.

 
At 03/07/2010, 13:14 , Blogger zeltia said...

A memoria que deixamos de nós, e o último rastro da vida que temos.
Qué menos merece ninguén que conservar a súa memoria!!!

 
At 04/07/2010, 00:01 , Anonymous orso said...

Si señor!!!
Estou con Zeltia.

 
At 04/07/2010, 11:33 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Sí señor, é unha boa iconografía que resume moi ben a idea que pretende transmitir.

 
At 04/07/2010, 22:09 , Blogger Mer said...

pois sí, mellor que esa biblioteca non se amplíe, aínda que é unha moi fermosa maneira de recordar a unha persoa

 
At 08/07/2010, 23:47 , Blogger Aldabra said...

é que é unha fermosa homenaxe.
unha estatua ben bonita.
bicos,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home