leoeosseus

Thursday, 8 July 2010

Non todo é fútbol


Mentres milleiros de persoas non perdían detalle dun partido de fútbol televisado, uns poucos escuitabamos música, deixabamonos levar a outras terras e tempos coa leitura de Marcos Calveiro e seguiamos as mans debuxando de Ramón Trigo.
Porque non todo é fútbol.

Labels: ,

9 Comments:

At 08/07/2010, 18:31 , Blogger folerpa said...

Co despiste que levaba coa calor esquecinme de saudarte. Desculpas meu.

 
At 08/07/2010, 19:46 , Blogger zeltia said...

Levas moita razón, non todo é fútbol -eu debátome entre o deseo de experimentar a paixón que produce en tantos milleiros de persoas, e o desagrado de precisamente ese movimento de masas puramente mimético-

Dende logo, menos mal que non todo é fútbol (aínda que na xornada de onte, ninguén o diría!)

:)

 
At 08/07/2010, 21:11 , Blogger Ana said...

Non digo que non, mais eu non perdo un partido da selección,jeje

Bicos :))

 
At 08/07/2010, 21:36 , Blogger Raposo said...

Pois eu tamén son un deses que ve sempre a selección, e o domingo a final. Como para non vela!!!

 
At 08/07/2010, 23:42 , Blogger Aldabra said...

é que ten que haber de todo na viña do señor...

vivir e deixar vivir.

biquiños,

 
At 09/07/2010, 00:00 , Anonymous félix de arzúa said...

O señor que le e o señor que debuxa son siameses separados ao nacer?

 
At 09/07/2010, 01:31 , Blogger An said...

Grazas a deus...grazas a deus non todo é fútbol.
Déboche algo, pero fai pouco o mundo véusenos abaixo e andamos a saír del pouco a pouco. Saúdos

 
At 09/07/2010, 11:11 , Blogger fonsilleda said...

Vaia, menos mal que non me quedo soa, escoitando, escribindo, lendo ou xogando noutra parte.
A realidade é que o meu temperamento impídeme ver competicións se se xoga algo que, de calquera xeito me chega, aínda que sexa pouco. Pásoo mal e prefiro evitalo.
Se é fútbol, non me custa ningún traballo.
Bicos.

 
At 09/07/2010, 17:32 , Blogger Chousa da Alcandra said...

E como quedou o marcador do Marcos Calveiro-Ramón Trigo?

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home