leoeosseus

Saturday, 10 July 2010

E sigo sen fútbol


A formidable treboada da outra noite obrigoume a manexar a carretilla do choio a toda velocidade para rescatar sacos de papel e pallets da chuvia que entraba na fábrica. Toda a chuvia que non cabía fóra entrou na fábrica ... e non era pouca. Pero esta treboada agasalloume coa palabra " cacarola " referida ás pedras da sarabia. Foi pronunciada por un compañeiro de traballo que botou muitos anos no estranxeiro e que de cando en vez regala palabras rescatadas do falar de hai máis de trinta anos.
No xoves fun á presentación do libro " O secreto de Marco Polo " e se chego a ser a muller de Francisco Castro sospeitaría de Ledicia Costas que gabou con fervor ao escritor que fixo o que quixo porque dicía que era a presentación do seu libro. O escritor quixo escribir sobre Marco Polo porque non lle chistou que ninguén crese a Marco Polo cando voltou á súa patria despóis de botar máis de vinte anos fóra. Agora tócame a min coñecer ese secreto.
E o venres o Leo coñeceu a Pablo Díaz, o cantante de Tic Tac e a Marc Taeger, o ilustrador do libro CD que lle pintou un crocodilo enamorado.
E mañá seguro que hai opcións ao partido.

Labels: , , , ,

6 Comments:

At 11/07/2010, 03:47 , Blogger An said...

A Francisco e a ti únevos algo máis que a charla, os dous vos debo un libro...Xa me gustaría a mi poder ter asistido a presentación...pero non foi moi bo día non. Saúdos e apertas

 
At 11/07/2010, 07:09 , Anonymous A nena do paraugas said...

Sempre hai opcións ao fútbol, aínda que os berros, foguetes e conversas se colen polo van da fiestra, cando unha tenta ler con calma.

Un saúdo e biquiños para Leo.

 
At 11/07/2010, 19:17 , Blogger Raposo said...

Verás a final, ou??¡¡¡

 
At 11/07/2010, 22:27 , Blogger Aldabra said...

pues xa nos contarás que fixeches mentras os da roxa se debaten cos de holanda.

teremos en conta o libro.

bicos,

 
At 12/07/2010, 21:10 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

Pois na miña casa as "cacarolas" son os mocos!! ben, as "bolitas" de mocos, sa sabes non? hahaha

Nós tampouco vimos o futbol e de feito enteirámonos ao dia seghinte que ganharan porque aquí non houbo festa, claro :D

Pasamos un día moi bo en compaña de amigos e cando fuxiron todos a ver o partido, nós seguimos coa nosa vida, o que fagan isos señores non é cousa nosa.

Un biquiño :)

 
At 13/07/2010, 14:43 , Anonymous náufrago said...

Moitas grazas, Leo. Foi un pracer coñecerte.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home