leoeosseus

Wednesday, 28 July 2010

Corenta e seis meses ( e un día )


Aí o está, cando desfrutaba da acampada. Agora está nunha etapa de indecisión para pedir as súas necesidades e tamén hai que darlle de comer muitas veces. Iso si, os xeados éntranlle sen problemas.
Parece que recuperou o seu galego anque con muita xente fala o seu castelán.
Ten un amigo invisible que se chama Jónistan e méteo en muitas conversas; o mesmo que mete outras palabras inventadas coma poti e poloto.
Empeza a ter criterio musical e descubriu que eu non sei cantar e a nai si ( verdades máis que evidentes para quen nos coñeza un chisco ). Só espero que el teña o oído musical da nai e non o do pai.
E vai indo cos seus momentos negativos e os seus momentos divertidos que,por fortuna, son máis.

Labels:

6 Comments:

At 28/07/2010, 09:01 , Blogger Dilaida said...

Pois segue a estar de fermoso coma sempre. O do amigo é algo moi común, o meu neto tiña un irmán que durmía con el e cando viñan a verme deixábano na casa porque portábase moi ben e non tiña medo, chamábase Xesús. O malo foi cando lle dixeron que ía ter un irmán de verdade, nun principio el non quería porque xa tiña un, despois meteu aos pais nun conflito porque quería que se chamase Xesús coma o seu outro irmán. Ao final eu conseguín convencelo que non podía chamarse o mesmo porque os irmáns non se chaman todos igual, parece que o foi entendendo e cedeu.
Bicos para Leo

 
At 28/07/2010, 12:21 , Blogger Kaplan said...

Pronto controlará o asunto do wc e en todos os demais terreos irá sendo máis e máis independente. Así pasou coa miña partir dos 4 anos.
Medran que dá gusto

 
At 29/07/2010, 19:02 , Blogger abueloscrisytoño said...

Ola paideleo gustaríame pedirche unha cousa, ti xa sabes que eu domino mal o galego escrito e que podo cometer moitos erros, gustaríame contar coa túa axuda é dicir noméoche corrector oficial sen medo e sen andrómenas Aceptas? Cando pases che dou permiso para corrixir publicamente todo o que vexas mal escrito. Isto non che obriga a nada, non quero que sexa un traballo para ti simplemente cando pases se ves algo mal ponme as orellas de burro douche permiso. Deixo esta mensaxe nos comentarios do meu blog para que conste.
Grazas anticipadas para ti e para todos os que queiran colaborar
Avoa Cris
Moitos bicos para leo.

 
At 30/07/2010, 13:17 , Blogger Aldabra said...

o nome de Jónistan ten cacaruca... que difícil.

 
At 03/08/2010, 01:47 , Blogger fonsilleda said...

Xa e un homiño. Fermoso, eso sí.

 
At 09/08/2010, 22:52 , Blogger LM said...

que lindo estááááá
beijos

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home