leoeosseus

Thursday, 22 July 2010

Atención ao público


O outro día fun pasar a ITV a un coche e pasouna sen maior problema ( o Fiat 1100 da foto non a pasaría e, de feito, desapareceu do sitio ).
Pero o que quería contar é o do servicio de atención ao público por teléfono. Nesta ocasión a cita collina por internet pero noutra ocasión chamei por teléfono. A voz enlatada deume a opción a escoller entre castellano e galego e collín galego por probar. Soou unha voz real feminina saudando en galego, eu respondín e logo empezou ela a preguntar matrícula, teléfono de contacto, propietario do veículo, etc; todito en castelán !. Eu respondía en galego e ela repetía os datos en castelán. Así ata o final que se despediu en galego outra vez e colgou coma se tal cousa.
Menos mal que pedín o servizo en galego !.

Labels:

3 Comments:

At 23/07/2010, 07:03 , Anonymous A Nena do Paraugas said...

Son cousas do bilingüismo. Seguro que se che ofertasen escoller entre castelán e inglés e escolleses inglés, pediríanche os datos no máis puro do Reino Unido.

Vivir para ver!

Súados e bico para Leo.

 
At 23/07/2010, 11:02 , Blogger Dilaida said...

Iso pasa moitas veces e a min faime moita graza, porque canto máis insisten en falarme en castelán eu máis o fago en galego.
Teño unha filla que sempre me di "mamá non sexas maleducada poida que non te entenda". Eu deféndome "pois se non entende que non estea aí, e que non digan que poden atenderme en galego".
Bicos

 
At 29/07/2010, 00:31 , Blogger zeltia said...

Iso recórdame un chiste que contaban sempre cando eu era rapaza,
daquel que vai traballar emigrado a Londres, xunto coa sua dona,
e non sabían inglés ningún dos dous,
e todos lle diciían que o inglés non había dios que o entendera,
e colle un taxi en Victoria station e lle di o taxista:
á calle Brixton,
e o taxista calado, enfila cara alá e ó chegar dille
onde o deixo
aqui mesmo, canto é
tantas libras
e despois dille ó baixiño á súa muller "mira tí, é chegar a inglaterra e xa sabemos inglés"

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home