leoeosseus

Monday, 14 June 2010

Soño ecolóxico


Temos a revista do cole de Leo e nunha páxina os nenos de seis anos debuxan a resposta á típica pregunta de " Que queres ser de maior ? ". Son dezaseis alumnos que responderon así: dúas profesoras, dúas animadoras, dúas veterinarias, unha médica, unha mestra, unha xardineira, dous futbolistas, un veterinario, un policía, un pintor, un explorador e un mariñeiro. Destas respostas extrañoume que ninguén quixese ser actor ou cantante e que houbese un que quere ser explorador e outro mariñeiro estando tan lonxe como está Vilaguindastre do mar e tal como vai o sector.
E postos a soñar a min gustaríame coller a estes dous rapaces dentro duns aniños e levalos ao Pacífico norte a pescar a inmensa illa de refugallos plásticos que estamos creando entre todos. Todo o que se bota ao mar remata acumulándose nesa zona que xa ten dimensións xigantescas. Calcúlase que a mancha é tan grande como dúas veces a península Ibérica e que ten un grosor de dez metros.
O malo sería topar unha rede para pescar todo iso e onde deixalo despóis !.

Labels:

8 Comments:

At 15/06/2010, 00:21 , Anonymous Mr Tichborne said...

Incrible o da illa de lixo! E que pouca ou ningunha publicidade se lle dá!
O peor é pensar que, se apañan toda esa porcallada... que farán con ela?

 
At 15/06/2010, 02:51 , Blogger An said...

E tetrico e moi triste o da illa de refugallos, pero dalgun xeito é esperanzador o dos cativos...quen sabe, o mellor os que ben é moito mellor. Saúdos

 
At 15/06/2010, 08:50 , Blogger Dilaida said...

Non coñecía iso sobre a illa de lixo e seguro que se en vez de ser lixo fose algo de valor, xa tería dono e xa estaría inventada a máquina que o limpase.

 
At 15/06/2010, 21:37 , Blogger busto.agolada said...

Déixasme pampo co da illa do lixo. Descoñecíaa por completo. Como queda tan lonxe sempre nos parece un problema que non vai connosco. Pero oín dicir que mar só hai un, todos os mares están intercomunicados.
É certamente lamentable. Pertencemos a unha sociedade que non sabe que facer co lixo, e por riba xeramos unha cantidade exorbitante de lixo.
Apertas e tamén para eses heroes que desexan navegar nese mar de lixo.

 
At 16/06/2010, 10:42 , Blogger Eva G. Rei said...

Abraiada e entristecida quedei. Tiña escoitado falar algo da illa de lixo pero non sabía as dimensións...
Logo estrañámono de que aparezan enfermidades tan raras e mortais!
Menos mal que os desexos dos cativos nos fan mudar a perspectiva e pensar que o planeta aínda pode ter futuro.
Grazas por mostrarnos estas realidades.

 
At 16/06/2010, 12:28 , Anonymous Alex Ghalpon said...

Eu tampouco sabía da illa de lixo... Unha mostra máis do que nos ocultan os medios de comunicación. Claro, é que é moito máis importante o que comen os futbolistas españois en Sudáfrica. Cuestión de prioridades... Que mundo!

 
At 17/06/2010, 12:36 , Blogger paideleo said...

Mr Tichborme: eu hai pouco tempo que sei disto e aprendino no blogo de Capítulo 0 cunhas imaxes de aves mortas co estómago cheo de trapalladas plásticas.
Hai idea de remorcalo a unha instalación de reciclaxe pero nada concreto ó fin.
An: debe de ser unha imaxe dantesca e afogante.
Espero que os que veñan detrás collan máis sentido ca nós.
Dilaida: non é de extrañar o teu e xeral descoñecemento.É un problema de augas internacionais que a ninguén obriga por lei a solucionalo e non farán nada ata que sexa inevitable.
busto.agolada: eu tamén quedei pampo e non o podía crer. Tanto falan da chatarra no espazo e nada din disto que, tarde ou cedo, chega aos nosos pratos.
Eva G. Rei: ese mostro ten unhas dimensións incribles e non fai máis que medrar e acaba nos nosos pratos queiramos ou non. Está demostrados que agora hai máis alerxias, asma eoutras enfermidades polo abuso do plástico no noso mundo.
Alex Ghalpon: é o de sempre: ollos que non ven, corazón que non sente e así hai días internacionais sobre o sida ou sobre maltrato infantil e o resto do ano están a aparvarnos con coloríns, músicas e chimpos de ledicia.

 
At 19/06/2010, 16:25 , Blogger zeltia said...

Morreremos afogados polo lixo que nos mesmos xeneramos!
O enlace que deixaches está moi ben, xa o collín para difundilo na miña lista de correo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home