leoeosseus

Wednesday, 16 June 2010

O mundo de Juan Pando












Xa que non podo pasear muito, aproveito e viaxo polo mundo antigo nos libros da casa e así podo ensinar como eramos antes ou, por exemplo, mostrar como mudou de apariencia Redondela na última foto.
Todo gracias ás fotografías de Juan Pando incluidas no libro " Fisonomía y alma de Galicia " do Dr. A. Rodríguez Rodríguez do ano 1998.

Labels:

6 Comments:

At 16/06/2010, 23:29 , Blogger Kaplan said...

Paideleo, dixo ben o de mirar o mundo antigo: esa Redondela da foto é como dos tempos dos faraóns.

 
At 16/06/2010, 23:44 , Blogger vintxuca said...

Son unha namorada das fotos antigas en branco e negro. Preciosa entrada e preciosa Redondela.
Unha aperta!!!!!!!!!!!!!!

 
At 16/06/2010, 23:44 , Blogger Eva G. Rei said...

Case vas ter que dar máis datos que non me sitúo...
O que aparece na última foto semella o Alvedosa desembocando na marisma, non?

 
At 17/06/2010, 08:06 , Anonymous F. Míguez said...

Esa foto é da costa que baixa da Picota, e debe estar tomada dende a ponte do tren (a "ponte de Pontevedra"). Algún deses canastros aínda está no sitio, e o camiño/rúa ten exactamente a mesma curva; incluso diría que todavía queda algunha casa de esas, aínda que todo sepultado entre formigón.
Boa idea, esa de viaxar no tempo cando non podes viaxar no espacio.

 
At 17/06/2010, 12:22 , Blogger paideleo said...

Kaplan: dos faraóns non que hai menos de cen anos desas fotos pero si que semellan séculos.
Vintxuca: a min encántame polo que teñen de imposible para min: eu non estiven neses lugares nin nesa época e semellan milagres que dan envexa.
Eva G. Rei: pois si que é o Alvedosa e a súa marisma.É unha ruela que sobe despóis de onde era a discoteca Miramar. De todos os xeitos F. Míguez sitúa millor ca min o lugar.
F.Míguez: sabía que che ía gustar e ías recoñecer a zona.
Sorte co coche eléctrico e lamento non ser de axuda co twitter ou calquera outra cousa distinta dun blogo.

 
At 19/06/2010, 16:17 , Blogger zeltia said...

Pois me parece que non coñezo Redondela nin nos tempos actuais
:(
pero dos lugares que coñezo encántame ver fotos antigas, e comparar, e non sabería dicir qué clase de emoción me enche...

Deduzo que ainda estás mal e non te podes mover moito...
Mellorías para tí.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home