leoeosseus

Tuesday, 22 June 2010

Hiperespañolismos


O Leo rematou hoxe o curso escolar e xa non ten que madrugar e terá máis tempo para xogar e estar conosco. Seguro que botará en falta os compañeiros da escola; fixo varias amistades e pásao ben co eles e aprende o español tamén porque todos ou case todos falan español, incluidas as profes menos a profe principal.
E así agora é máis papista ca o Papa e traduce muitas cousas do galego ao español e ata inventa hiperespañolismos. Di cousas como " el nariz ", " la mía zapatilla ", " fillito ", " cancito ", algún " coejo ", " lonje ", algún " tiengo ", " hacín " ou cousas rebuscadas como " la zapatilla tuja " ou " me puerto bien " que me fan lembrar vellas que dicían " aceche " no canto de " aceite ".
A ver como evoluciona o seu falar estes meses de verán.

Labels: ,

9 Comments:

At 23/06/2010, 02:41 , Blogger zeltia said...

jajaja debe estar moi gracioso o Leo falando desa maneira, (o do cancito é moito mellor ca o conto do aceche) xa "separará" as duas linguas... E despois dependerá "do medio" no que estea máis tempo, que se lle pegará máis un ou o outro... dende logo falando todo dios español á beira para min é moi dificil que non me cambie "o chip" varias veces ó dia... é unha mágoa, que realmente fago empeño en falar sempre en galego neste entorno meu case case hostil!

Pois agora co Leo de vacacións a desfrutar del e él de vós, -agora que podedes, que despois non se deixa- ;-)

 
At 23/06/2010, 11:09 , Blogger Dilaida said...

Eu penso que o que lle pasa a Leo na súa linguaxe é algo moi normal, hoxe aínda non ten moi claro cal é unha e cal é a outra, pero non vai tardar moito.
O meu neto vive no Ferrol e di que vén "a el Ourense".
Bicos para Leo

 
At 23/06/2010, 11:11 , Anonymous peke said...

Si, xa separará as dúas co tempo.

 
At 23/06/2010, 19:05 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Dalle tempo.Ti cos seus anos non sei se distinguirías moi ben unha pita dun galo...

 
At 24/06/2010, 06:48 , Anonymous hadex said...

ja ja ja.....Aprender linguas é un bo exercicio mental....E os nenos aprender enseguida a falalas independientemente...O fundamental é deixarlles claro que todas as linguas están ao mesmo nivel.....

 
At 24/06/2010, 13:55 , Blogger Bolboreteira said...

Que simpático! Para botar unhas boas risas escoitandoo falar.
Xa veremos a evolución ha de ser boa..
Bicos

 
At 25/06/2010, 12:50 , Blogger fonsilleda said...

Jajajajaja. O Leo é ben grande.
De todos os xeitos esta facendo o que outros xa fixeran cons nomes dos pobos...
O de "fillito", quédome con el
Bicos.

 
At 26/06/2010, 02:03 , Blogger Os Tartarouchos said...

Eu confío, pouco a pouco aprenden a diferenciar e a empregar as dúas se queren e cando queren. E se foran máis mellor!
O caso é que non as perdan, e apra iso estamos nós, non é?

 
At 01/07/2010, 17:35 , Blogger Aldabra said...

vaia popurrí!

debe soar moi divertido.

bicos,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home