leoeosseus

Friday, 11 June 2010

Galegos, xíbaros e maasais


Estes días, cando non estou xogando de suave co Leo, teño tempo para perderme pola interrede e descubrir a fantástica historia do galego Alfonso I rei dos xíbaros ( na foto ) ou un galego que quería ser maasai. Os sabios da tribu agradecéronlle o xesto pero non o admitiron na tribu porque así como renunciaba á súa patria de nacemento tamén podería renunciar á súa de adopción. Estes si que son sabios !.
E aínda puiden escuitar unha canción rap adicada a Rosa Díez por un galego pexorativo coma todos nós.

Labels: ,

10 Comments:

At 11/06/2010, 23:25 , Blogger xenevra said...

Curioso o tipiño do vídeo, si señor. pero moi hábil na elaboración do Rap. os masai, como non, moi intelixentes.

 
At 12/06/2010, 09:57 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

Si é que xa o dicía a canción "hai un galego na Lúa" :)

biquiñossss

 
At 12/06/2010, 23:11 , Blogger Logio said...

Coño!
Vou mandalo ó twitter, ja, ja.

 
At 13/06/2010, 11:51 , Blogger Carlos Sousa said...

Moi interesantes os enlaces. Serán realidade pero mesmo semellan ser lendas.
O rap non é meu gusto, pero esta escoitenna un par de veces, "Que lle den a Rosa Diez"

Unha aperta, mellorate.

 
At 13/06/2010, 13:11 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Mira ti que xa din que non hai mal que por ben non veña!
Sabias decisións as dos masais, das que debería aprender tamén Rosa10

Apertas con afán terapéutico.

 
At 13/06/2010, 17:23 , Blogger abueloscrisytoño said...

Os masais fan certo o dito "Non te fies nin de teu pai"Bicos
Avoa Cris

 
At 14/06/2010, 00:56 , Blogger Eva G. Rei said...

Xenial o rap adicado á pexorativa, resumindo e aínda que pareza machista, concordo co de "vai raña-la cona", que me lembra tamén aquel outro dito: "falar cun burro e non ter un pau na man..."

Que sabios os Masais, en todo o sentido da palabra.

 
At 14/06/2010, 10:33 , Blogger fonsilleda said...

¡Que cousas!, os masais moi ben e o outro ¿paga a pena?
Saúdos

 
At 17/06/2010, 13:30 , Blogger paideleo said...

xenevra: a min a música nin me vai nin me vén pero como estivo de moda falar desa muller pois púxeno.
Os maasai son mui intelixentes, si.
meninheira: outra canción que dicía unha verdade !.
Logio: mándao. Eu non ando nin polo twitter nin facebook.
Carlos Sousa: hai veces que a realidade supera a ficción.
Chousa da Alcandra: Rosa Díez tiña que aprender dos maasai, polo menos a saber calar.
abueloscrisytoño: pensan con lóxica pura e simple.
Eva G. Rei: merecía esa canción e algunha máis e na revista A Retranca adicáronlle un número enteiriño a ela.
O que teñen de parvos os maasai failles boa falta.
fonsilleda: o dos maasai gustoume de sempre. O de adicar unha canción a Rosa Díez en parte merecíao pero en parte significa darlle demasiada importancia ao que di. Non, se ao final eu son galego no sentido máis pexorativo da palabra.

 
At 02/07/2010, 12:07 , Anonymous O Peto Lareto said...

Odo galego maasai é totalmente real, so se engadiron liberdades poéticas para facelo máis ameno, pero sen cambear a historia.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home