leoeosseus

sábado, 19 de xuño de 2010

Fotos de nativos americanos








Outro libro que " fusilei " é " Through Indian eyes " de varios autores, ano 1995; un fermoso libro onde fala do mundo do nativo americano dende a ollada desa xente. O volume está cheo de fermosas fotos, ilustracións e textos.
Estas fotos que mostro lémbranme as de Edward Curtis pero non son da súa autoría.
Outro día porei ilustracións dese libro e algunhas teorías da criación do mundo para esa cultura.
Anque semella que roubo fotos estou acollido ao dereito de cita establecido polo artigo 32 da LPI, a título de cita, para poder comentar e ilustrar unha obra.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 20/06/10, 10:15 , Anonymous hadex dixo...

hummmmm....eu teño un libro de fotos de indios....agora mesmo téñoo prestado ...é da editorial Taschen e non me canso de ver as fotos....

 
Ás 20/06/10, 12:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ti acóllete ó artigo que consideres, pero antes mira se tés a licencia de armas en vigor!!!

Saúdos

 
Ás 21/06/10, 01:51 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Me encantan esas fotos que puxeches. Estiven tratando de recordar un libro con retratos ataviados coas suas mellores vestiduras, onde ía explicando o significados ou "os dias especiais" en que usaban tal ou cal roupa.
Algúns dos retratos tiñan unha forza expresiva impresionante... pero buf, non sei se é tarde ou que as miñas neuronas fallan máis da conta que non consigo lembrarme cal é... creo que o collera nunha biblioteca. Sei que ía para a cama pechaba os ollos, e víñanseme todos eses retratos cunha breve reseña ó pé...
Ainda que todas as vidas son breves e terminan esquecidas mesmo as das que protagonizaron grandes e significativas cousas... qué impactante pode chegar a ser unha mirada captada, unha expresión.
(hummm creo que non me estou explicando moi ben; vou ter que ir para a cama, que mañá hai que madrugar)
Boas noites :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio