leoeosseus

domingo, 20 de xuño de 2010

A criación segundo algúns indios


Segundo os Iroqueses o mundo foi creado por unha muller que caiu dende o Paraíso por un buraco que deixou unha árbore caída. Cando caía a muller uns gansos agarrárona e pousárona enriba dunha tartaruga que flotaba no mar. Co tempo esa muller poboou esa tartaruga que se converteu en América do Norte.

Segundo os Navajos no primeiro día o primeiro home e a primeira muller fixeron o monte Norte. Ataron o cume cun arco da vella e encheron de plantas e animais a montaña. Como o norte acostuman identificalo coa cor negra no cume da montaña puxeron unha pota con dous ovos de merlo.
Todas son teorías pero gústame que non haxa seres superiores detrás e que unha muller sexa a principal protagonista do feito.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 21/06/10, 01:34 , Blogger Paz Zeltia dixo...

É certo que en moitas culturas a muller é o gran do que comenza a vida,
xa se encarga a biblia de poñernos coma as culpables de todo o malo que pode acontecer.
(parece que non tiveran nais)

 
Ás 21/06/10, 12:13 , Blogger Dilaida dixo...

Pois si que son interesantes, claro que non tiñan os perxuízos que ten a cultura xudeo - cristiá.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio