leoeosseus

Friday, 7 May 2010

Pura cotiandade


Merco a revista Malladoura que celebra o seu décimo aniversario e deséxolle outros tantos anos máis polo menos. Paso pola obra diante do concello onde volven soterrar a vía do tranvía ( é típico dos gobernos entrantes desfacer o feito anteriormente ). Noutro kiosko merco o novo número da Retranca, especialmente adicado a Rosa Díez e tamén merco cromos de Bob Esponxa. De casualidade topo a estudantes no parque do Cristo pintando un mural de Uxío Novoneyra para pendurar no centro cultural. Mentres pintan discuten en español se botan Bob Esponja en Disney Channel ou en Clan e decátome do raro que podo semellar eu á maioría da xente con estes costumes que teño.

Labels: ,

9 Comments:

At 08/05/2010, 01:14 , Anonymous paidovento said...

Home, un pouco raro si que es, pero espero que non sexa polo da malladoura e a retranca, se non, eu entraría no lote...

 
At 08/05/2010, 10:57 , Blogger Raposo said...

Eu tamén debo ser raro: non sei quen carallo é ese Bob Esponja.

 
At 08/05/2010, 17:25 , Blogger Angel Utrera said...

Eu tampouco teño o gusto de coñecelo, asi que vas a ter que facer unha entrada sobre el...Polo demasis, case nada novo baixo o sol...¿non si?. A vida a seguir,.

 
At 08/05/2010, 19:49 , Blogger Eva G. Rei said...

O do soterramento da vía do tranvía tamén ten a súa retranca...
Hai que botarlle valor!
Non quererán volver pasar os coches polas rúas peonís?
Deus nos colla confesados.

 
At 08/05/2010, 19:58 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Todos che somos raros. Pero, dentro das nosas rarezas, adoitamos posuir moitas similitudes uns con outros.

Bob Esponja nunca veu por Antas, así que moi famos non debe ser...

Apertas con choiva e nubes islandesas

 
At 08/05/2010, 21:08 , Blogger Kaplan said...

Raro? Que é ser raro?
Bob ESponja é tan raro que a señorita Kaplan cando era pequena dicía que B.Esponja era un queixo.

 
At 10/05/2010, 12:57 , Blogger Carlos Sousa said...

Cada un ten as súas rarezas, mais levándoas ben e asimilándoas, non hai ningún problema.

 
At 12/05/2010, 13:31 , Blogger xenevra said...

Chego a tempo de coñecer a Bob Esponxa no post que vén de seguido ;) O mural aos rapazolos quedoulles ben e seguro que lles serve para achegarse ao galego dun xeito menos acomplexado. Que logo deixen de disimular a súa identidade facendo uso do castelán, xa depende de todos nós. Iso si, seguro que nesas canles ven as series en castelán :( Raio da galega!!!!

 
At 13/05/2010, 03:29 , Blogger An said...

A magoa é que eses rapaces. mañá non lembraran quen foi o fulano o que lle fixeron o mural...pero si saberán de carreilla toda a programación desas canles, non teño nada en contra de bob esponxa (non me desgusta, outra cousa e todo o lixo do disnei chanel que vende a vida feliz que eles queren, o que me preocupa é o desleixo que se ten por o propio neste noso pais. Por certo...así me gusta que merques a Retranca...todos deberiades mercala...Mensaxe subliminar cortesía de ANuncios.Saúdos e apertas

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home