leoeosseus

Sunday, 30 May 2010

Eurovisión 2010



Sempre que podo miro este festival e fago as miñas anotacións xogando a crítico musical. Gústame cando cantan en linguas descoñecidas anque non entenda papa e gústame facer as miñas puntuacións.
Esta vez gañou Alemania coa que non contaba eu de favorita. A min gustábame Bélxica cun home e unha guitarra ou Dinamarca cun son festivaleiro. Extrañoume que aparecese un espontáneo na actuación de España e que logo aparecese outro cantante que non sabía eu se era outro espontáneo.
O das puntuacións tan a súa graza con tanto voto de amigos, veciños e emigrados e resultoume curioso os votos dados á canción española dende países do leste e tamén me fan rir os comentarios de Uribarri.
En fin, Eurovisión; que lle vas pedir ?.


Labels:

4 Comments:

At 30/05/2010, 09:46 , Blogger Valdolouro.com said...

Vexo que non fun o único que pensou que o segundo cantante do coro era outro espontáneo. Saúdos

 
At 30/05/2010, 11:58 , Anonymous Zeltia said...

Fixéchesme recordar cando eu era unha nena, aínda con Franco aquí, que o festival de eurovisión vivíase dun xeito patriótico, co entusiasmo dos hinchas dun equipo de fútbol que xoga unha final fora da casa...
Sei que o teu non chega a tanto, pero recordáchesmo.

 
At 30/05/2010, 12:11 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Oes, pois eu tamén pensei que o segundo cantante volvía ser outro espontáneo!.
O que máis me gusta do festival este son as votacións, aínda que o Uribarri non cala nin debaixo da auga. Xa forma parte da tradición; incluso tanto coma as propias cancións.
Apertas.

 
At 30/05/2010, 18:34 , Blogger Merce said...

Segue a ser un dos acontecementos por excelencia da nosa television, e mira que xa fai anos que segue o festival :)

Eu riome moito con Uribarri, caseque e o que mais me gusta, o resto... mmmmmm e que o teño que aturar que se non...

Por certo, que bonitiño está ese neno eh?

Bicos

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home