leoeosseus

Friday, 21 May 2010

Dióxenes




Nestes días de calor hai muita xente enfrascada coa operación bikini e anda de arriba a abaixo facendo exercicio. No medio desa xente hai un homiño de paso lixeiro, barba branca, con funda de traballo as máis das veces ou un chaleque reflectante e máis un caxato onde pendura bolsas plásticas. Percorre a zona toda buscando non sei que no chan para levalo á súa casa, supoño. Este home penso que ten o síndrome de Dióxenes que é a patoloxía que nos fai acumular lixo e trapalladas na casa. Esta patoloxía ten o nome orixinario de Dióxenes que, curiosamente, era todo o contrario a esta xente enferma e vivía co mínimo nun bocoi. Foi un filósofo famoso con muitas anécdotas pero a que máis me gusta é a que lle pasou co emperador Alexandre Magno. O emperador foi visitalo e díxolle que lle concedía o que desexase. Dióxenes só lle pediu unha cousa: que saíse de diante que lle daba sombra.

O debuxo está collido en http://www.educima.com/ onde hai imaxes para colorear.

Labels: ,

7 Comments:

At 21/05/2010, 23:04 , Blogger Logio said...

Este filósofo encantáballe a meu pai e de cativo contoume moitas veces esta presunta anégdota.

 
At 22/05/2010, 12:00 , Blogger fonsilleda said...

Un blogueiro coñecido, fai tempo xa, chamábase Diogenes e ía poñer cortinas o seu bocoi.
É triste o síndrome porque coido que a soidade ten moito que ver.
Saúdos

 
At 22/05/2010, 21:14 , Blogger busto.agolada said...

Sabia resposta a de Dióxenes. Gústanos a todos os que o lemos, mais é difícil de levar á práctica nas nosas vidas. Cando alguén te ven tentar ofrecéndoche o que pidas é difícil dicir que non. Dióxenes non aspiraba ao poder nin ás riquezas, e iso creo que son os deuses aos que fundamentalmente adoramos nesta sociedade que nos tocou en graza.
Moitas apertas e un biquiño para o Leo, tan feito, tranquilo e simpático coma sempre, e máis grande cada día.

 
At 23/05/2010, 12:10 , Blogger zeltia said...

fun ó enlace que deixaches, está entretenido, ainda que coñecía as anécdotas. (a última que pon, paréceme que ten mesturas doutras)

quedei pensando no síndrome de dióxenes (que lle virá o nome de non querer quedar coma él)... que sempre me preguntei qu4e se esconderá detrás desa enfermedade... oin falar que os coleccionistas compulsivos de cousiñas, é unha variante (máis benigna, e sobre todo máis aceptada socialmente, non si?)

 
At 23/05/2010, 22:51 , Blogger paideleo said...

Logio: era da escola dos cínicos e supoño que resultará simpático a máis dun.
Fonsilleda: pois xa non sería un Dióxenes, Dióxenes.
Non sei como virá este mal pero a cabeza humana é un mundo complexo e triste ás veces.
busto.agolada: Dióxenes era un valente ou un tolo e eu non me vexo facendo o que fai el.
O Leo vai medrando ao seu ritmo e merece máis dun bico.
zeltia: debeu de ser mui interesante este home.
A min sempre me semellou inxusto pór ese nome a ese síndrome tan oposto.
Todos temos rarezas e coleccionamos cousas distintas e está ben visto e todo, tés razón. O que non está ben visto é coleccionar o que tira todo o mundo pero a chencha funciona así.

 
At 24/05/2010, 09:57 , Blogger Aldabra said...

xa escoitara algunha vez a anécdota, só que non recordaba quén a dixera... gracias por facer que a recorde.

bicos,

 
At 24/05/2010, 21:14 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Eu teño un "rocho" no ático da miña casa que -se o poiderades ver- diagnosticaríadesme o síndrome de Dióxenes!!!.
Iso si, de cando en vez, fago limpeza de trastos (para deixar sitio para outros máis recentes...)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home