leoeosseus

Monday, 17 May 2010

Día das Letras 2010


E fomos a Santiago. Facía calor e os chiringos da festa e a nora xigante dominaban a alameda verdísima primavera. Pasamos por un grupo de blogueiros que me recoñeceu: Ghanito, Tati Mancebo, Goretoxo e Alfredo Ferreiro. Metémonos na marea que descorría con calma, música e coreando eslogans. E desembocamos no Obradoiro onde Naideleo fixo esta foto sobre as gafas de Eva como testemuña da nosa presenza na praza: o Leo e seu pai cun globo de Patricio Estrela cunha pintada no bandullo que dicía: En galego.

Labels: ,

12 Comments:

At 17/05/2010, 20:57 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Os reflexos e mailos reflexados quedaron moi ben. Un bo xeito de deixar testemuña da vosa presenza (e tamén que dentro de pouco vas ter que buscarlle nova ubicación ó Leo, senón vaiche acabar coas cervicais. Dígocho con coñecemento de causa)

Apertas

 
At 18/05/2010, 02:51 , Blogger zeltia said...

Eu tamén atopei moita xente coñecida,
e maila a calor fun das primeira tanda en entrar no obradoiro e collin un sitio inmellorable para non perder detalle. Rinme cando carlos blanco dixo en ingles e francés explicando a algún turista atónito que toda aquela xentiña que estabamos alí, estabamos a defender o noso dereito a falar en galego.
Quico cadaval coma sempre moi afiado, e Carrabouxo...

 
At 18/05/2010, 08:30 , Blogger Logio said...

¿E que tal cheira Santiago estos días?

 
At 18/05/2010, 14:00 , Blogger Bolboreteira said...

Fermosa foto! Ben por estar alí, eu como sempre non puiden estar físicamente pero sin e espiritu.
Bicos

 
At 18/05/2010, 18:32 , Blogger Kaplan said...

Con gafas de sol e sen elas, alí houbo moita xentiña do noso señor (agora esperaremos, unha vez máis, que alguén tome nota)

 
At 18/05/2010, 19:28 , Blogger rui said...

Siii, vin a Patricio na manifestación de onte! (Son fan declarado de Bob Esponxa!)
Non me fixei que erades ti e os teus.

 
At 18/05/2010, 23:53 , Anonymous Alfredo Ferreiro said...

Foi un pracer saudarte nesa manifestacións tan rotunda da camaradaxe. Aperta

 
At 19/05/2010, 01:18 , Anonymous Zeltia said...

fun ver o vídeo que me deixaches enlazado.
ó mesmo tempo que gusta, da un chisco de pena, ata ela mesma parece que se desmoraliza... e que o castelán... se xa é dificil non andarse cambiando continuamente "o chip" para os daquí, que non será para unha persoa de fora...
aquí na coruña fálase moitísimo castelán...

Oiches, esta era a mesma moza que fixera aquela curta de "a ventá" cando estaba estudando en compostela?

 
At 19/05/2010, 11:44 , Blogger fonsilleda said...

Moita xentiña achegouse. ¡Ben!.
O Leo anda aprendendo o que é preciso.
Apertas

 
At 20/05/2010, 21:37 , Blogger Angel Utrera said...

Pois Eu non atopei a ninguen coñecido...e mira que fixen fotos, e fotos, e dende as doce ata a tres...Quedei case de ultimos na Alameda,,,e marchei pitando para o Obradoiro, e coloqueime na primeira fila, baixo o escenario....
Incrfeible a marea de xente...E van xa tres.
DEspois levei os rapaces a xantar, e como estaba todo cheo, rematamos case as seis da tarde....
Un moi bo dia de festa pola lingua, a palabra e a liberdade.

PD.-
Logio...Sintoo pero SAntiago Cheira que apesta...(Levamos mais dunha seman de folga nos servizos de recollido do lixo. e non che conto a merda ata onde chega xa...

 
At 21/05/2010, 20:37 , Anonymous A nena do paraugas said...

Hai moitas maneiras de fotografar as cousas, pero esta abofé que é singular. Compostela é outro mundo cando se viste coa xente da Terra...

Bicos para Leo. E para ti.

 
At 23/05/2010, 23:07 , Blogger paideleo said...

Chousa da Alcandra: a idea da foto xa sabes de onde vén, non ?.
O Leo pesa de cada vez máis pero estou contento de poder levalo e de que queira que o leve a carranchas.
zeltia: pois eu non atopei muitapero tampouco ía a iso. Nós entramos e saímos da manifestación para xuntarnos coa familia e tomar algo cos nenos e non estivemos mui ben situados ao final. E o Leo despóis da foto dixo que quería marchar e xa eran horas.
Menos mal que hai a interrede para saber das intervencións na palestra.
Logio: a zona histórica estaba limpa e a folga supoño que estará xustificada.
Bolboreteira: estar alí conta pero conta máis o que se faga día a día coa lingua galega.
Kaplan: pois non toman nota. Agarráronse a iso de que xa falou a maioría o un de marzo e daí non saen.
rui: había máis Patricios e non sei se sería o noso o que miraches.
Alfredo Ferreiro: sempre é bó comprobar que non estamos sós e que non somos tan raros.
Zeltia: o vídeo é fermoso coma o teu e explica mui ben a situación.
Eu non sei nada desa moza pero ben puido participar nesa curta que dis.
fonsilleda: o Leo ten que aprender que hai asuntos que se reclaman na rúa e que non somos tan raros.
Ángel Utrera: a min miráronme os blogueiros que estaban xuntos que se non non topaba eu a ninguén coñecido.
Eu fixen poucas fotos ese día.
A nena do paraugas: tamén hai formas de dicir que houbo unha manifestación de muita xente e ti dilo da forma poética: Compostela vestiuse de xente.
Encantoume.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home