leoeosseus

Saturday, 8 May 2010

Bob Esponxa e demáis



Pois si, neste debuxo feito por min tés algunhas das personaxes da serie Bob Esponxa. Bob Esponxa é unha esponxa que ten unha mascota que é un caracol que se chama Gary e miaña coma un gato. Patricio é unha estrela de mar veciño de Bob Esponxa e non é mui espabilado que digamos. Calamardo tamén é veciño deles e é serio e non quere saber nada deles. O señor Cangrexo é o xefe de Bob Esponxa e Calamardo nun local de comida rápida e só pensa nos cartos. Todos viven no fundo do mar e protagonizan historietas simpáticas. Tamén podo dicir que estes debuxos lles gustan aos rapaces dende os tres anos ata os quince e algún que outro xa maiorciño coma min que gusta de coleccionar os cromos coa escusa de que aprenda Leo os números.

Labels: ,

11 Comments:

At 08/05/2010, 22:39 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

nA casa tamém gostamos moito deles (e xa me tiveron facento a Gary e máis a Sneely -a outra caracol da carreira-), e cando digo gostamos tamén inclúo ao pai e à nai hehehehe :D

[o cernekernel está a subir no seu blogue videos en galego para nenos, vai ver ;) ]

biquiños e moitas, moitas grazas polo apoio todos estes días :*

 
At 09/05/2010, 02:48 , Anonymous paidovento said...

E a Leo séguenlle gustando os "calamardos" á romana?

 
At 09/05/2010, 11:21 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Xa vexo que tamén no fondo do mar, igualiño que na codia terráquea, os xefes so pensan nos cartos. E sendo o negocio de "comida rápida" seguramente quererá tamén "cartos rapidiños".

Moi ilustrativa e ilustrada a explicación.
Pola miña casa estamos na fase Hannah Montana e unha serie sudamericana que leva o nome dun conto de toda a vida "Patito Feo".Arrasa, oes!

Apertas

 
At 09/05/2010, 21:10 , Anonymous Mr Tichborne said...

Ó meu afillado (e ó seu padriño) tamén lle encantan. Por certo, que ben debuxa!

 
At 09/05/2010, 23:06 , Blogger Eva G. Rei said...

Teño que recoñecer que, malia que aos nosos tamén lles gustan, nunca tiven o vagar de ver un episodio completo, e non coñezo todos os personaxes. Aínda así parécenme simpáticos e reproducen con retranca os modelos da terra.
Moi bo debuxo, a ver se agora tamén lle vas facer a competencia a Nesi?

 
At 10/05/2010, 12:52 , Blogger Carlos Sousa said...

Que ben pintas, oh!! Na miña casa tamén che me toca ver o Clan tv, e dende logo estes de Bob Esponxa, pódoche dicir que tamén me gustan. Menudas paranoias se forman en "fondo de bikini"

 
At 10/05/2010, 21:42 , Blogger mamiago said...

Pues sabes una cosa. Yo lo tengo prohibido en casa. Mi hijo pequeño no es capaz de diferenciar lo que está bien de lo que está mal cuando viendo esto, calamardo empuja a patricio, o para abrir una lata la tiran al suelo, o incluso no utilizan un lenguaje muy apropiado, la frase preferida de mi hijo es "soy un inutil"... creo que sí son divertidos, pero es como el que hace las gracias en clase con las cosas malas y todos nos reimos...

 
At 10/05/2010, 23:59 , Blogger zeltia said...

ai, eu tiven unha tempada que os sábados á mañá, almorzaba e despois deitábame no sofá a ver bob esponja. ¡e sen nenos!
a veeer! supera ésa!
o meu preferiod, claro está era calamardo! jaja,síntome reflexada!

oiches, moi ben a ilustración tua explicativa da cousa

 
At 11/05/2010, 00:11 , Blogger Ana said...

Os meus nenos tamén encantales e uno ten catorce e a nena 6. Como tu dis Bob Esponxa non ten edad, eu tamén o vexo de cando en cando,ejeje

Bicos

 
At 11/05/2010, 09:58 , Blogger Bolboreteira said...

A min ségueme a gustar os debuxos ánimados case que como cando era nena, sen embargo, este Bob Esponxa é demasiado subrrealista para as miñas entendedeiras, non termina de convecerme.Pero os nenos tenos a todos gañados.
Bo debuxante Paideleo, parabéns.
Bicos

 
At 11/05/2010, 21:10 , Blogger Aldabra said...

pois non se che da mal o dibuxo.
nunca vín a Bob esponxa, mira ti.

biquiños,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home