leoeosseus

Sunday, 4 April 2010

Unha viaxe en submarino


Nestas vacacións de semana santa todo o mundo se move por aí adiante e nós non iamos ser menos así que fixemos unha viaxe en submarino pola ría de Vigo. Bueno, non foi tal que foi unha viaxe virtual no museo Naturnova onde foi o que máis me gustou pese a súa curta duración e a non ser a proxección en galego anque xa tiña que estar acostumado. Na viaxe topamos con habitantes da ría con nome castelán menos o muxo que non deberon topar a tradución. Botei en falta que non nomeasen a uxa, nome que aprendín hai un par de meses da boca dun compañeiro de traballo que fai submarinismo. Supoño que o compañeiro non lle aprenderá esa palabra fermosísima aos seu fillos porque lles fala castelán pero eu aprendereilla a Leo cando se dea a ocasión.
Por certo, o Leo sae falando na páxina eufalo. tv; páxina que non ten desperdicio.

Labels: , , ,

11 Comments:

At 05/04/2010, 00:11 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Entendo ben a túa reflexión Pedro. Hai moitas persoas que se avergoñan da lingua propia do seu país e...simplemente ignórana. Deben pensar, coma os nenos pequeniños, que se pechando os seus olliños xa non os podes ver...

Tal e como se escoita ó Leo na páxina que indicas, queda ben clariño que expresarse en galego nihil obstact para que coñeza e poida falar outras linguas.

Unha aperta dende Antas

--Fun eu o torpe que borrou o comentario anterior--

 
At 05/04/2010, 09:36 , Blogger Dilaida said...

Da gusto escoitar falar a Leo e ten moita sorte por ter os pais que ten.
Só unha persoa acomplexada de ser galego pode falarlle aos seus fillos noutra lingua. Ese complexo tivémolo moitos da miña xeración aos que nos pegaban na escola por falar galego, ou se rían de nos na capital, porque falabamos como paletos, pero en xeracións posteriores, non entendo como poden deixar que os seus fillos non coñecen a súa cultura e a súa lingua.
Bicos a Leo e aos seus pais

 
At 05/04/2010, 10:59 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

Leva 15 minutos cargando grrrr só escoitei as dúas primeiras frases e estou a esperar. Na casa os meus din que falan inglés hahahaha.

Nós fomos de excursión a Monçao e que gusto da cruzar a fronteira e ler todo en "galego" ;)


Unha boa nova: un dos meus pequenos, pasada a fronteira crítica dos 3-4 anos nos que comezan a substituir o galego polo castelán, agora (camiño dos 6) cada vez fala máis galego :D

Un biquiño, tedes os dous unha bonita voz :)

 
At 05/04/2010, 14:40 , Blogger Eva G. Rei said...

Xa o deixei en falo.tv e en facebook.
Que ben fala; agora xa comeza a descretar moi ben: será que ten bos ensinantes...
Iso que aprende de tan cativo non o vai esquecer nunca, fale o que fale de grande.
Emocioneime; quedou fermosísimo.

 
At 06/04/2010, 02:33 , Blogger An said...

Unha magoa que unha caixa galega sega empregando o castelán en troques da lingua de seu...fas ben en ensinarlle o Leo esas verbas, ogallá a miña cativa fale tamén o galego. Saúdos

 
At 06/04/2010, 10:26 , Blogger Raposo said...

Uxa: outra palabra que non coñecía.

 
At 06/04/2010, 22:57 , Blogger Aldabra said...

seguro que Leo recordará sempre o galego si é que non o sigue a falar de maior.

biquiños,

 
At 07/04/2010, 22:47 , Anonymous F. Míguez said...

Se serve de algo dicilo, eu fun falando máis galego segundo fun medrando, así que podes contar co Leo para manter o idioma.

 
At 08/04/2010, 06:34 , Anonymous A nena do paraugas said...

O que máis me gustou foi a voz de Leo e a claridade coa que se expresa en galego. Lembro que as miñas crianzas, cando tiñan a súa idade falaban un galego perfecto. Agora, lonxe de Galiza unha delas, por razóns laborais, perdeu a graza do noso acento e é difícil escoitalo falar en galego.
Un saúdo.

 
At 09/04/2010, 21:10 , Blogger zeltia said...

Gustoume moito escoitar ó Leo na páxina do vídeo. Ese traballo que estades a facer -que non é traballo, se non honra- dará os seus froitos. (xa os está dando, de feito)

 
At 10/04/2010, 11:42 , Blogger Mer said...

a ese Bob Esponja xa lle vale, mira que non falar en galego...

moi ben polo Leo, que ben fala e diferenciando xa cal é unha lingua e cal é a outra

unha aperta

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home