leoeosseus

Tuesday, 27 April 2010

Corenta e tres meses


Aí o está; de cada vez máis solto e máis espabilado. Relaciónase máis e conta máis cousas. Non come de todo pero segue adiante. Dorme ben, xoga millor e vai asimilando que agora lle toca subir escaleiras para subir á casa nova que lle gusta máis que a anterior. E agora está a durmir nunha cama nova que lle mercamos mentres foi de excursión cos compañeiros ao centro El Kiriko.

Labels:

8 Comments:

At 27/04/2010, 23:21 , Blogger abueloscrisytoño said...

Grazas pedro Problema resolto, es unha maquina, por iso non atopaba nada nos dicionarios.
Iso mesmo pasa cos apelidos moitas veces non se atopa ben o significado ou a súa orixe por que existen deformacións. Pódoche asegurar que preguntei a moitas persoas maiores desta zona e todas dixéronme "potin" pero xa vexo que a solución e "patin"grazas Pedro vales un monton
Bicos para todos
A.Cris

 
At 27/04/2010, 23:48 , Blogger Xabres da Teixeira said...

¡Oés! Mesmo parece que está dentro de unha manxoeira, daquelas que os mais vellos armaban no inverno para coller "trutas"

 
At 28/04/2010, 01:18 , Blogger Aldabra said...

¡como crecen nas casas dos outros!

da gusto ser pequeno hoxe en dío e ir xogar a eses sitios tan fabuloso, como o Kiriko.

biquiños,

 
At 28/04/2010, 12:43 , Blogger fonsilleda said...

Dentro de pouco xa non poderás contar por meses.
Bicos.

 
At 28/04/2010, 15:15 , Anonymous Zeltia said...

vaia cantos sitios estimulantes e de lecer teñen agora os raparigos!
o teu leo da gusto velo medrar!

bicos

 
At 29/04/2010, 10:10 , Blogger Eva G. Rei said...

Parabéns para o Leo. Dá gusto sentilo falar coma unha cotorra na lingua do país... a ver se non a perde.

 
At 29/04/2010, 21:38 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Boeno..., ti seguro que tampouco comes de todo e velaquí andas!.

Apertas

 
At 01/05/2010, 08:29 , Anonymous náufrago said...

Que siga medrando así!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home