leoeosseus

sábado, 27 de marzo de 2010

Corenta e dous meses


Seguimos na andaina da mudanza pero non podo deixar pasar o mesario do Leo para falar del e dos seus progresos. No cole avanza e a profe está contenta co el. Déronnos as " notas " do trimestre e fixo un cambio radical dende o primeiro trimestre a este segundo. Falla aínda na sicomotricidade pero non se lle pode esixir todo. Quere aprender os números e letras e debúxaos no aire e todo. Ata para queixarse cando lle cortamos as uñas solta unha parrafada do alfabeto e quéixase dicindo " I grego !, I grego ! ". Supoño que será porque non sabe dicir palabróns aparte dalgún " membro viril en galego " que solta de cando en vez. Segue enamorado dos contos e dalgúns programas da tele e o chocolate e os premios que lle dá a nai cando pide as súas necesidades. Por certo, leva unha tempada sen facer nada na cama e pensamos retirarlle o cueiro. En canto ó comportamento dicir que leva uns días mimento e un pouco salvaxe dende eses días que pasou con febre e delirios que el trataba de solucionar mandando parar quietos os mobles.
E así vai.

Etiquetas:

16 comentarios:

Ás 28/03/10, 00:21 , Blogger An dixo...

Xa esta feito un home..aledome de que lle gusten os contos...de seguro vai ser un bo lector. Saúdos e apertas

 
Ás 28/03/10, 03:56 , Blogger fonsilleda dixo...

¡Qué bonitiño!.
Vai, como ten que ir.
Bicos para o Leo.

 
Ás 28/03/10, 11:50 , Blogger Bolboreteira dixo...

Que guapetón está, e como medra.....
Biquiños para pai e fillo

 
Ás 28/03/10, 19:22 , Blogger Unknown dixo...

Xa ten carita de hombrecito, como pasa o tempo.
Bicos pros dous.

 
Ás 28/03/10, 20:23 , Blogger Paz Zeltia dixo...

cada vez máis guapo o leo!

oiches, podías probar tí o conto do leo, só que en vez de mandalos parar, pódeslle ordear ós mobles que se trasladen eles mesmos ¡hale hop!

 
Ás 29/03/10, 00:41 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡como crecen os nenos nas casas dos demais!
está moi guapiño, felicidades.
biquiños,

 
Ás 29/03/10, 11:50 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

En medio ano...xa tés que poñer un catro na súa tarta!.
E con tanta mudanza igual non tés tempo para mirar este video que fala dos rapaces; pero se che cadra bótalle un ollo:

http://www.youtube.com/watch?v=K2GTauJT5Vg

Se te enganchou o verbo fluido do Xuiz, ten continuación aquí:

http://www.youtube.com/watch?v=el2xu2pSJu4&feature=related

Para o Leo é cedo aínda; pero asegúroche que canto di este home é tan certo como que me chaman Chousa por estes lares.

Apertas

 
Ás 29/03/10, 13:23 , Blogger Torreira dixo...

Como medrou este rapas..alédome!.apertas pai

 
Ás 29/03/10, 16:35 , Blogger vintxuca dixo...

Parabéns para Leo polos seus progresos, se lle gustan os contos iso demostra que ti tamén és un bo contacontos.
Apertas de outra namorada do chocolate!!!!!

 
Ás 29/03/10, 19:20 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Estes crios crecen que dan gusto.

Un cambio de casa? Miúdo tute Terminardes esgotados.

 
Ás 29/03/10, 21:50 , Blogger Angel Utrera dixo...

¡Aiamiguiño¡, cando menos te des conta meteche a moza na casa.....Tempus fugit. non te esquezas.
Os meus xa estan preto dos 17 e 14, xa deixamos de ser os seus amigos, referencias, e simbolos, para pasar a ser, eses pais cabroncetes, que estan a foder...¡¡¡
Nopn lle hai que facer. A vida que se nos escapa.¡Que putada¡

 
Ás 30/03/10, 00:01 , Anonymous Anónimo dixo...

Agora comeza o mellor. Verá como pouco a pouco vai sendo máis autónomo (irá só ao wc, vestirase e lavarase, atarase el só cando monte no coche), e o que iso supón para vdes.

 
Ás 30/03/10, 07:17 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

O tempo pasa moi á présa e as crianzas, de repente, sorpréndennos síando pola porta, sen cueiro... e sen permiso. Pero dá gusto velas medrar! Que haxa sorte. Para todo cómpre.
Un bico.

 
Ás 30/03/10, 11:11 , Blogger Xosé dixo...

Como vai pasando o tempo: vexo o Leo feito xa un mociño! Apertas.

 
Ás 30/03/10, 11:19 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Aí! cuídame a ese principe, que un trato é un trato, jeje.
Apertas

 
Ás 03/04/10, 20:44 , Anonymous peke dixo...

Está feito un mozote. Ánimo con ese traslado.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio