leoeosseus

Tuesday, 2 February 2010

Postos de venda


Sempre que vou por un mercado fíxome nos carteis dos postos onde sempre aparecen curiosidades. Hoxe mirei nun blogo a foto dun posto de roupa onde regalaban un libro por mercar tres bragas e iso fíxome lembrar unha "pulga" ( mercadillo nos EEUU ) onde vendían gorras que os mexicanos chaman " cachuchas ".
E digo eu, en que momento da historia da lingua pasaron as cachuchas galegas de ser parte do porco a ser gorra de mexicano ?. Dende logo as viaxes que fan as palabras son dignas dunha novela. E aquí queda outro misterio lingüístico para resolver.

Labels: , ,

14 Comments:

At 02/02/2010, 23:33 , Blogger xenevra said...

E a min que me parece un deses libros d epoesía de Espiral Maior que sempre están esgotados na libraría!! Quizais se xuntasemos bragas e poesía conseguiriamos que deixase de ser un xénero minoritario.

Eu tiña unha profe no instituto á que chamabamos cachucha. Como adoito estar nas nubes nunca me cuestionei o nome e asumino sen problema, ata o día en que a chamei así, vin os seus ollos desorbitados mirarme, e de vez comprendín que "as palabras significan" (glups)

 
At 03/02/2010, 00:10 , Blogger abueloscrisytoño said...

Regalámosche un raio verde, pasa e verás.
Saudos
A.Cris

 
At 03/02/2010, 00:13 , Blogger Ana said...

Uisssshhhhh...comlicadico pa mí, non sei o que son as cachuchas do porco. Ainda non avancei tanto no meu galego,jeje

Bicos

 
At 03/02/2010, 01:08 , Blogger fonsilleda said...

¡Que rica a cachucha!, non sei as dos mexicanos...
En bo que as palabras viaxen.
Bicos.

 
At 03/02/2010, 08:33 , Blogger Dilaida said...

No dicionario da RAE tamén contempla o termino e di que é unha especie de gorra e neste blog http://365palabras.blogspot.com/2009/09/cachucha.html
hai unha entrada falando da cachucha.
No dicionario Estraviz http://www.estraviz.org/cachucha tamén di que en galego significa "Gorra de pano que usan os rapazes".
Bicos

 
At 03/02/2010, 10:02 , Blogger Carlos Sousa said...

Non lle chamaran a eses gorros cachucha, pola cabeza do que a vai poñer...

Inxenioso o do libro pola venta de tres bragas. Agora ben, de donde os sacaría para poder facer negocio.

 
At 03/02/2010, 16:22 , Blogger Bolboreteira said...

Que interesante, esto da linguistica eche un mundo interesante.
Eu compraba seis bragas ou máis..co que me gustan os libros,...que boa inicativa.
Un biquiño.

 
At 03/02/2010, 20:37 , Anonymous A nena do paraugas said...

Home, supoño que a xente que emigrou a México igual levou cachuchas para intercambiar por cartos...Quen sabe? A necesidade agudiza o enxeño e as palabras logo se pegan e estenden...
Aínda que non creo que os coitados emigrantes tivesen moitas cachuchas que levar!
E dun libro por comprar bragas está moi ben e se é de poesía, mellor!

Saudiños

 
At 04/02/2010, 00:26 , Blogger mencía said...

Pois si o diccionario Estravís recolle xa ese significado de cachucha, vai ser que os mexicanos están a estudar Galego xa que os galegos rexeitan a súa lingua.
Bicos.

 
At 04/02/2010, 16:20 , Blogger BRABIDO said...

Non teño nin idea,ae que buscar a forma de vender sexa como sexa.

apertas

 
At 04/02/2010, 17:34 , Anonymous paidovento said...

Pois está ben a oferta... Con respecto á orixe da palabra mexicana, non sei, pero tal vez a súa procedencia sexa dunha lingua amerindia (a min véuseme á cabeza o parecido de cachucha con "quechua", aínda que este idioma fálase un pouco máis abaixo de México).

 
At 04/02/2010, 18:27 , Blogger zeltia said...

bueeeno, menos mal que temos a dilaida!

:-)

pode ser que sea coincidencia,
non sería a primeira palabra que significa duas cousas diferentes.
pero tí, coma sempre, atento á curiosidade.

 
At 06/02/2010, 20:32 , Blogger Chousa da Alcandra said...

O que ven moi ó xeito é ese espello pendurado do cordón para mirar se a cachucha quedan ben na cachola!

Apertas

 
At 07/02/2010, 00:24 , Blogger paideleo said...

xenevra: eu tratei de ler os títulos pero non me dá a vista.
As bragas e a poesía non teñen por que ir separadas, é máis, creo que van mui ben xuntas e merecen ser un xénero maioritario.
Estivo ben a anécdota. Supoño que tocaría repetir curso ese ano.

abueloscrisytoño: graciñas polo detalle. Sempre estás aí.

Ana: pois eu pensaba que en portugués tamén existía. Mira ti. Iso si, ti vai a calquera carnicería e pide cachucha e verás como saben.

fonsilleda: non está mal.Non probei a dosmexicanos pero probei callos e son " picosos ".
As palabran claro que voan: son aire.

Dilaida: aí estás mostrando o que sabes !. Graciñas !. Visitei ese blogo e é unha marabilla.

Carlos Sousa: nunca se sabe...
Hai que vender como sexa...ou polomenos chamar a atención.

Bolboreteira: a lingüística é un mundo interesante en si, tés razón.
Eu regalaría bragas e quedaría cos libros.

A nena do paraugas: supoño que levaría a cachucha no estómagopero a palabra que nos descubriu Dilaida é fácil de levar.

mencía: mui bo pero creo que non vai por aí o asunto.

BRABIDO: vender ou facerse ver que tamén conta.

paidovento: pois pode ser porque se lle quitas o son "ch" aos mexicanos xa non poden falar. Ou pode ser que cando chegaran os conquistadores xa había galegos alí celebrando San Martiños.

zeltia: menos mal que temos a Dilaida, si.
Se é coincidencia non deixa de ter graza para uns ollos galegos.

Chousa da Alcandra: e haberá quen a poña e non saiba se a súa é a de arriba ou a de abaixo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home