leoeosseus

Monday, 15 February 2010

Entruido tradicional para o Leo


Onte Leo, avóM, paideleo e naideleo vestíronse de entruidos e foron a tres casas de veciños. Conseguiron dez euros e podían levar orellas comidas no bandullo pero non quixeron. Asustaron en dúas casas onde os donos fecharon a porta con chave pero despóis riron tanto os entruidos como as vítimas.

Labels: , , ,

15 Comments:

At 15/02/2010, 21:09 , Blogger Kaplan said...

Arrepíos dá mirar a foto: o Leo está auténtico (sen desmellorar os máis)!

 
At 16/02/2010, 01:05 , Blogger An said...

Os choqueiros sempre foron o mellor do entroido, alédome de que nalgures (en vilaguindastre) segase a manter a tradición. Saúdos e apertas

 
At 16/02/2010, 13:49 , Blogger fonsilleda said...

Eu ao millor, hoxe.
Leo moi ben, os outros dous... je je
Bicos.

 
At 16/02/2010, 21:10 , Blogger Aldabra said...

vaia, fixéchedes a tarde.

biquiños,d

 
At 17/02/2010, 08:08 , Anonymous A nena do paraugas said...

XA queda pouca xente que practique a tradicion de ir polas portas no Entroido. Digamos que falta imaxinación... Ou ganas de facelo.
Estades auténticos, como ben di Kaplan.

 
At 17/02/2010, 16:01 , Blogger Bolboreteira said...

Dábades algo de medo!
Qué divertido, eu iso faciao de pequena cos meus primos e veciños,que ben o pasabamos.
Gústame o entroido.
bicos

 
At 18/02/2010, 01:54 , Blogger vintxuca said...

Dalhe de comer a Leo que está quedando nos osos.....jejejeje
Moi chula a foto e, por suposto, tamén a tradición. Apertas!

 
At 18/02/2010, 08:55 , Blogger Eva G. Rei said...

Iso é o que boto en falta no entroido: estades de medo!
E dá verdadeiro "medo" o burka que leva avoM (porque supoño que é o de negro, polas mans, non?)
A ver se para o ano orghanizamos algo.

 
At 18/02/2010, 16:49 , Blogger Merce said...

Pois si, nadiña como o entroido tradicional e botar unhas risas en boa compaña :)

O Leo xa vexo que lle gusta a tradicion :)

Biquiños

 
At 18/02/2010, 17:28 , Blogger zeltia said...

e que o leo da moito medodediós!!!
jajaja

xa non me lembraba desa tradición de ir polas casas!

 
At 18/02/2010, 21:36 , Blogger Angel Utrera said...

Aqui tamen os rapaces conservan ainda o costume de ir pola noite, de cada en cas, pedindo...hoxe cartos, antes melindres, dulces...etc.

 
At 19/02/2010, 20:07 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Seguro que o Leo disfrutou moito mirándovos a vos desa guisa.

 
At 19/02/2010, 22:31 , Blogger xenevra said...

Pois en vez de medo debuxástesme un sorriso. un sorriso de añoranza e de futuro. ogallá que estas tradicións nunca se perdan.

estabades de medo :P:P:P

 
At 25/02/2010, 11:35 , Blogger ♥ meninheira ♥ said...

hahahahaha non tedes sentidiño ninghún!! hahahahaha

 
At 26/02/2010, 22:03 , Blogger paideleo said...

Kaplan: pois algunha veciña asustouse e todo,non creas.
An: a que si ?. A foto foi en Arbo pero en Vilaguindastre tamén hai.
fonsilleda: diso se trata, de tapar a cara con calquera trapo.
Aldabra: rimos un cacho que é o que importa.
A nena do paraugas: supoño que será no rural e supoño que seguirá sendo así.
Bolboreteira: a iso iamos. Gustoume lembrarche outros tempos.
vintxuca: é o que máis me gusta do entruido.
Eva G. Rei: o burka é a capa do Leo que non quixo levar e eu era o de negro.
Merce: diso se trata. Non creas que o Leo foi mui contento pero foi.
zeltia: o Leo estaba simpático. Alédome de lembrarche este costume.
Angel Utrera: agora a xente dá máis cartos que lambonadas.
Chousa da Alcandra: eu pensei que se ía asustar do avó que apareceu disfrazado por sorpresa pero levouno ben e ata quixo disfrazarse !.
xenevra: eu seguirei se non cambian as cousas.
meninheira: nin falta que fai !. Xa está o resto do ano para ser adultos.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home