leoeosseus

Thursday, 18 February 2010

Aquí e acolá




Teño que recoñecer que ultimamente non estou inspirado así que traio cousas de aquí e acolá.

De aquí digo que o Leo está simpático coas suas lerias e o outro día estaba xogando cun acordeón de xoguete. A tíaM preguntoulle se ía tocar o acordeón de maior e Leo dixo: " De maior vou facer outras cousas. ". " Outras cousas como que ? ", quixo saber a tíaM e Leo retrucou: " Darlle iogur ao meu fillo. "

De acolá na rede virtual mirei uns vídeos feitos en Vigo sobre o galego e o segundo desta ligazón foi o que máis me chistou.

Tamén descubrín un sitio onde pode verse a distribución dos apelidos en España. Como curiosidade dicir que o primeiro apelido de Leo lévano 2598 persoas e un 47,42 % son pontevedresas. Sen embargo o segundo apelido lévano 73061 persoas e está máis extendido por Madrid e León e só 1643 persoas teñen ese segundo apelido en Pontevedra.


E agora tócache a ti: os teus apelidos por onde andan ?.

Labels: ,

11 Comments:

At 19/02/2010, 11:16 , Blogger fonsilleda said...

Pois o Leo ¿que queres que che diga?, xenial. En canto ao enlace curioso, tanto, que xa esculquei.
Bicos e grazas

 
At 19/02/2010, 11:36 , Blogger Ana said...

Grazas polo enlace do INE. O meu primeiro apelido témolo 33 persoas. Na segunda posición aumenta a 74. Estamos a extinguirnos...

 
At 19/02/2010, 13:33 , Blogger Bolboreteira said...

Eu teño uns apelidos bastante comúns e están bastante espalldos por toda a xeografia española, pero sorprendentemenete ámbolos dous onde máis abundan é en Madrid.
Interesante!
Bicos

 
At 19/02/2010, 18:02 , Blogger busto.agolada said...

Sempre orixinal e simpático o amigo Leo. Debédeslle dar moito iogur e vese que lle gusta que xa pensa imitar ese hábito, polo que se ve máis interesante que estirar e encoller un acordeón.
Moitas apertas e desculpas por deixar menos comentarios dos que me gustaría.

 
At 19/02/2010, 18:32 , Blogger Carlos Sousa said...

O meu primeiro (que penso que é portugués) téñeno 6128, a maioría en Pontevedra, 939, o 15%. O segundo 8757 e tamén a maioría aquí 1845, un 21 %. Ou sexa, que tño uns apelidos moi de aquí.

Algúns vídeos non teñen despedicio, e esa muller con esvoz de cotorra, que nin fala nin deixa falar, máis, jeje.

Xenial ese principe do Val da Louriña

 
At 19/02/2010, 20:16 , Blogger Chousa da Alcandra said...

O meu primeiro apelido (o segundo é moi común en todo o Estado) seica o temos 1532 persoas; sendo a provincia da Coruña a que máis % ostenta, con 616; seguido de Lugo (235, entre os que estou eu!) e Pontevedra con algo máis de 100. Concluindo, que un 70% estamos en Galicia.

(Eu xa tiña fedellado no website do INE, e tamén é moi curioso os nomes maís habituais. Mirade e veredes)

Apertas

 
At 19/02/2010, 22:41 , Blogger xenevra said...

Pois o meu, como vai con acento, non existe (hehehe). Claro que ao quitarlle o acento cámbiache o conto. Lévano de primeiro 149127 todas estas persoas máis as que o ordenador non atopou... E xa no caso do segundo a cousa avanza ata 934793. Será por iso que non me puxeron un nome moi frecuente. En fin...

O que si me resultou extramadamente interesante foi o vídeo (o segundo). Como nos empeñamos en negarnos, en mutarnos ("conozco una profesora que daba gallego en el instituto"). Moita forza fai falla para desterrar todos os autodios, todos os prexuízos, todas as xenreiras que callaron.

Gustaríame agora poder oír ese acordeón para ficar máis relaxada.

 
At 19/02/2010, 23:52 , Blogger Suso Lista said...

Que curioso. Estamos todos controlados.Boa Finde

 
At 20/02/2010, 11:26 , Blogger zeltia said...

leo xa ten crariñas as súas prioridades! jajaja

¿e como vai ser que o meu apelido non o leven siquera 1500 persoas no mundo?
onde máis hai, na coruña con máis dun 70%
esa pax. non debe ir ben jajaja
eu vira outra hai tempo, e poñía ata as cidades pequechas de polo mundo adiante, p. ex.: nalgún sitio da américa profunda, ou de rusia, qué che parece!

(estiven buscando o "video 20" qu3e dis que che fixo gracia, pero nese non falan!)

 
At 21/02/2010, 00:49 , Blogger Eva G. Rei said...

Pois podes probar nestoutro enlace da Cartografía dos apelidos de Galicia (http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp) a ver se coinciden os datos.
Onde é máis abondoso o meu primeiro, García, é na Coruña e en Vigo (por Concellos), e o segundo, escrito Rey é máis abondoso na provincia da Coruña e no norte da de Pontevedra; escrito Rei, case non existe (56 en toda Galicia), e gañan Compostela e Carballeda de Valdeorras.
Aínda que eu asino con i, vou ter que galeguizalo oficialmente...

 
At 26/02/2010, 22:18 , Blogger paideleo said...

fonsilleda: alédome. Eu aprendino estes días e non dubidei en publicalo no meu blogo.
Ana: será do Miño para aquí que do Minho para abaixo trocará o asunto.
Bolboreteira: supoño queserá pola poboación de Madrid.
busto.agolada: os nenos aprenden do que miran e non hai volta.
Desculpas aceitadas.Todos sabemos como é este mundiño da interrede.
Carlos Sousa: pontevedrés de pura cepa,si,señor.
O príncipe será máis ou menos coma a princesa do Valtea, non ?.
Chousa da Alcandra: outro que queda na casa !.
Esta páxina dá para muitas curiosidades.
xenevra: o vídeo reflexa varios posicionamentos e coñecementos da situación actual do galego e a señora esa parece a menos informada. A mágoa é que non forma parte dunha minoría !.
Suso Lista: medo dá !.
zeltia: puido trabucarse a páxina,non digo que non.
O vídeo non é o 20 senón o segundo que aparece na ligazón que sae unha señora con gafas.
Eva G. Rei: pois terei que visitar esa páxina.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home