leoeosseus

Sunday, 14 February 2010

67 xogo da ola


Onte celebrouse a 67 edición do xogo da ola con oito xogadores, unha madriña e un árbitro disfrazado de chinés pero que lle chaman Moncho. Xa falei deste xogo hai dous anos e podo resumilo así. Póñense os xogadores en roda e van lanzando polo aire olas de barro. A quen lle cae tócalle pagar multa á madriña que tamén se encarga de repoñer a ola, dar viño e pedir cartos entre o público. O árbitro dirixe todo dende o alto dunha escada e decide a golpe de asubío quen perde e pon orde co chocallo. Aparte ten potestade para parar o xogo para repoñer forzas a base de viño e pode multar a alguén do público. O xogo remata cando non quedan máis olas e cos cartos das multas e da recadación fan unha cea.
Curiosidades de onte: a condonería de hai dous anos fechou as portas e que entre o público de onte había políticos da localidade, Cuquín disfrazado de Tiger Woods e uns lexionarios cunha perruca por pelo en peito e a bandeira tricolor republicana.

Labels: ,

7 Comments:

At 14/02/2010, 22:47 , Blogger ♥ meninheira said...

Anda! como o domingo oleiro de Xinzo non? :D

 
At 15/02/2010, 14:10 , Blogger zeltia said...

que boa pinta ten ese xogo!
dame a mín que nos pobos vívese estas festas -e todas- coa xente involucrándose dun xeito moito mais xenuíno ca nas cidades!

os lexionarios son eses que se ven alá no fondo da fotografía?

o vídeo non o podo ver, que estou no choio (na miña media hora do café, que prefiero ficar aquí, co frío que vai!) e no choio téñennos capadas estas -fan ben-
heino ver na casa!

 
At 15/02/2010, 15:50 , Blogger fonsilleda said...

Semella simpático.

 
At 15/02/2010, 19:09 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Dende logo hai que estar atento, que como che dea a ola nos fuciños...
É curioso que case sempre detrás de cada xogo hai unha historia gastronómica. Como debe ser!

 
At 15/02/2010, 19:53 , Anonymous BRABIDO said...

Eche a primeira vez que escoito falar deste xogo,como axa moitas olas tedes que acabar contentos de carallo.

A disfrutar

 
At 16/02/2010, 21:12 , Blogger Aldabra said...

como se lle caia a alguén na cabeza, mi madriña, vaia chipote.

un xogo ben curioso, nunca o ouvira.

biquiños,

 
At 18/02/2010, 22:39 , Blogger paideleo said...

meninheira: pois debe ser algo parecido anque nos vídeos dalí non mirei madriña nin árbitro. Non sei, tería que investigar.

zeltia: supoño que nos sitios pequenos é máis xenuino.
Si, saíron por aí os lexionarios.

fonsilleda: ser,é unha risa.

Chousa da Alcandra: neste caso hai historia vitícola.

BRABIDO: e iso que case somos veciños. Para o ano xa sabes...
Ah, eu non participo. Son parte do público.

Aldabra: pegoulle a un no peito e escachou a ola. Non sei como quedaría ao final pero o xogador estaba ben.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home