leoeosseus

Friday, 22 January 2010

Visente


Tal día coma hoxe hai vinte e un anos Visente convidounos polo seu santo a tódolos compañeiros de traballo a pasteis e viño. Visente tiña un sorriso perenne e as pernas enquerquenadas. Os veteráns dicían que andaba así debido ao tamaño das súas partes e el non dicía que si nin que non. Os novatos eramos mui infantís ( podes imaxinarme con vinte e un anos menos ) e faciámoslle preguntas tontas ao boafé do Visente. El respondía sen abandoar o sorriso cunha resposta máis tonta que a pregunta que xa era dicir. Lembro dicirlle nunha ocasión: " - Visente, o outro día miráronte debaixo do puente de Rande. Que facías alí ? ". E el soltou sen pensalo: " - Debaixo do puente de Rande ?. Estaba a cazar coellos ! ". E eu rin coma un parvo.

Na foto da illa de San Simón que me lembra a Visente hai unha estatua algo fálica e a ponte de Rande: coto de caza de coellos.

Labels:

8 Comments:

At 23/01/2010, 00:25 , Blogger zeltia said...

encantoume a anécdota.
a foto é bonita, e mira tí, como grazas a esas asociacións de ideas, visente non se che aparta da ponte de rande

 
At 23/01/2010, 10:03 , Blogger abueloscrisytoño said...

! ALEGRATE! O GALEGO DE SIGNOS SÌ EXISTE
Bicos
A.Cris

 
At 23/01/2010, 11:29 , Blogger fonsilleda said...

Abofé que non hai moitos personaxes como Visente e é unha mágoa.
Bicos.

 
At 23/01/2010, 12:49 , Blogger Bolboreteira said...

Bonita anecdota!
Hai xente especial polo mundo que merece a pena ser coñecido.
Bicos!

 
At 23/01/2010, 13:42 , Blogger mamiago said...

Neste enlace tes o conto de xandre en galego de signos... e máis:
http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html

 
At 23/01/2010, 15:05 , Blogger xenevra said...

Encantoume o conto, pro moito máis a maneira de contalo. Lembrabame en certa maneira aquelas Cousas de Castelao que sempre acababan arrincando un sorriso enorme dunha anécdota que podía parecer pequena.

 
At 23/01/2010, 17:55 , Blogger Kaplan said...

Cada un caza onde pode, e o Visente atopou o seu TECOR particular. Nada de malo.

 
At 31/01/2010, 23:58 , Blogger paideleo said...

zeltia: graciñas por todo. Visente merece este posteo e máis.

abueloscrisytoño: é bo sabelo. Agora toca aprendelo.

fonsilleda: máis ben hai antivisentes que fan este mundo máis triste e cruel.

Bolboreteira: graciñas. Eu penso que todos damos para boas anécdotas nalgún momento da nosa vida.

mamiago: graciñas.

xenevra: vaia, non quero compararme con Castelao así que agradezo este piropo.

kaplan: tamén cazaba coellos en Vietnam pero non teño fotos dese lugar.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home