leoeosseus

Saturday, 2 January 2010

Trinta e nove meses ( e seis días )

E pasou o mesario do Leo e despisteime. O Leo celebrou o fin de ano comendo uvas de lata especiais para nenos pero sen rematar a ducia e entrou no ano cun ataque nocturno sorpresa dun mosquito ou araña que o deixou cunha orella e unha pálpebra inchadas que semellaba un trasno.
E así vai co seu falar castrapeño en voz alta comezado todo cuns " Ei ! " esaxerado e inventando historias. No comer é mui seu e sabe máis de merenda e sobremesas que de comida. Pide ( case sempre ) para facer as súas necesidades e millora as súas relacións cos demáis ( anque no primeiro está tímido ).

Labels:

6 Comments:

At 03/01/2010, 11:34 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Secadra no primeiro, tras a timidez visible, está estudando por onde iniciar o contacto. Poda que o Leo vaia para o corpo diplomático...

Está feito un mozo. Deben ser eses seis días que pasan do mesario :-)

 
At 03/01/2010, 11:47 , Blogger HADEX said...

Ala!! Que guapo e mocetón!!! Que siga cumprindo e vós para velo!! Bicos moitos!!!

 
At 03/01/2010, 14:18 , Blogger fonsilleda said...

É ben bonitiño. A min tamén pasoume fai tempo o da pálpebra e supoño que sería o mesmo.
¿Uvas de lata para nenos?, ¡ai que ver que tempos!
Bicos

 
At 03/01/2010, 15:31 , Blogger Ana said...

Como medrou!!! Xa tens un home en casa, va sendo hora de mudar os meses polos anos,jeje

Bicos

 
At 03/01/2010, 21:16 , Blogger Dilaida said...

Pois a min paréceme un neno moi guapo e parece que ten cara de bo...

 
At 04/01/2010, 12:29 , Blogger vintxuca said...

Parabéns para Leo polo cumplemeses...agora debe aprender a comunicarse tamén cos bichos para que non lhe fagan trasnadas, cousa que lhe vai resultar moi util cando medre...xa que hai moito animalinho dando guerra....unha aperta!!!!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home