leoeosseus

Monday, 18 January 2010

San Antonio da estación


A vida ten uns ciclos e co esta data repetiuse o refrán do ano pasado.
Viñamos onte da adega o avóM máis eu e topamos con dúas veciñas; unha que non chega aos sesenta e outra xa velliña. A velliña preguntou se sabiamos o refrán de San Antonio e dixemos que si pero ela dixo que sabía outro do San Antonio da estación de Arbo onde se facían boas festas hai muito tempo ( na foto ). Ese refrán só o saben os máis vellos e ten medo que se perda. A outra veciña díxome: " - Rapás, escribe este refrán que non se perda ". E aquí o escribo para que non se perda: " San Antonio da estación, casamenteiro das vellas; casa ás novas, que mal che fixeron elas ?. "

Labels: ,

12 Comments:

At 19/01/2010, 10:56 , Blogger zeltia said...

ponme contenta que recollas esas cousiñas, que non se deben perder. (e canto máis local máis perigro colle de perderse cando os vellos van desaparecendo)

o outro dia vin na televisión a unhas mulleres tirándolle moedas a un santo para iso de atopar noivo
(creo que non se poñen de acordo se é este san antón ou o san antonio de padua de xuño)
San Antonio bendito,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole
...
Unha muller sin home…
¡santo bendito!,
é corpiño sin alma,
festa sin trigo.
...
Mais en tendo un homiño,
¡Virxe do Carme!,
non hai mundo que chegue
para un folgarse.
Que, zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remedio


lin na wikipedia que este santo antón ten unhas celebracións bastante curiosas en distintas localidades da península como "os chiscos" na Alpujarra, con lumeiradas arredor das que se baila, se come, e o día da festa rifan un porco que tiñan alimentado entre todos durante o ano.

 
At 19/01/2010, 10:58 , Anonymous peke said...

Creo que hoxe non estarían de acordo con ese refrán moitas das mulleres novas que andan por aí.

 
At 19/01/2010, 11:04 , Blogger zeltia said...

nin as novas tampouco!!
eso que puxen e parte dun poema de rosalia de castro,
e penso que leva moita retranca, por suposto.

en todo caso, houbo tempos, e non tan lonxanos en número,
en que unha muller tiña a consideración que tivese o marido ou o pai,
unha solteira era menos ca ninguén.

 
At 19/01/2010, 11:06 , Blogger Os Tartarouchos said...

Refráns doutros tempos, é por iso que se perden, pero está ben que nolos transmitas

 
At 19/01/2010, 14:01 , Blogger Bolboreteira said...

Está ben non deixar que estas cousas se perdan, se esquezan, tocanos as xeracións máis novas facer por que esto non pase.
Gustoume o refrán!
Bicos!

 
At 19/01/2010, 15:06 , Blogger BRABIDO said...

Todo vai cambiando,as festas da aldea xa non son o que eran,falta de xuventude,e igual pasa cos refrans.

 
At 19/01/2010, 15:20 , Blogger Suso Lista said...

Pois se non casa aos vellos xa non me vou ofrecer. Apertas

 
At 19/01/2010, 17:20 , Blogger abueloscrisytoño said...

Logo dun tempo sen ter tempo para nada atópome o teu espazo cheo de cousas interesantes. Iago e Diego tamén foron ao circo pero este ano non tiveron ocasión de ver a neve eu espero que en febreiro teñamos algunha oportunidade.
Temos un agarimo para Leo que che mando por Inés con tanto lio de festas non tiven tempo para nada e agora con mamá máis mimosa non dou feito.
Un bico para Leo e para vós
A.Cris

 
At 19/01/2010, 17:40 , Blogger fonsilleda said...

Tiña razón a velliña, non debía perderse.
Gustoume moito e fíxome reir
De Arbo tiña que vir.
bicos

 
At 19/01/2010, 19:31 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois ti xa cumpliches co trato. Recollido queda.

 
At 19/01/2010, 21:19 , Blogger Kaplan said...

Co que se demostra que ao Santo Antonio tamén lle vai a marcha

 
At 19/01/2010, 23:38 , Blogger Merce said...

E deseguro que sería unha mágoa que se perdera, a muller ben sabia a quen llo transmitia :)

Lástima de algunha fotiño no circo :)

Biquiños

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home